Ribadeo, 3 de decembro de 2013. Ás seis da tarde terá lugar a inauguración do alumeado navideño e do tradicional Mercado do Nadal que se prolongará ata o vindeiro domingo, 8 de decembro, polas rúas peonís e comerciais de Ribadeo. Nese acto estarán o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez.
A edil nacionalista sinalou que “hoxe Ribadeo abre as súas portas ao Nadal co acendido do alumeado navideño, que dará paso ao tradicional Mercado do Nadal que chega á súa undécima edición. Ademais por segundo ano consecutivo este evento desenvólvese polas rúas peonís de Ribadeo, buscando integrar así o que é o comercio tradicional cos postos artesáns, de xeito que a nosa vila se converta desde hoxe e ata o 8 de decembro nun centro de ocio e de compras, onde a xente que veña a disfrutar das actividades programadas faga as compras dos agasallos navideños, poida tomar un café ou aproveitar a oferta gastronómica dos diversos establecementos hostaleiros de Ribadeo”.
Hoxe haberá un obradoiro de xoiería para nenos a partires das 17:30 horas no Cine Teatro e pasarrúas musical a cargo de Alesancia. Mañá, 4 de decembro, tamén a partires das cinco e media desenvolverase un obradoiro de manualidades no Cine Teatro e ás 18:30 horas temos previsto outro obradoiro de macramé para nenos que se impartido na Casa do Viejo Pancho.
O xoves de 17 a 21 horas haberá un obradoiro de cestaría para nenos a cargo de Carmen Fieiras Rifón na oficina de turismo e ás 18 horas terá lugar un obradoiro de instrumentos tradicionais impartido por Os Alegres no Cine Teatro.
Xa o venres, 6 de decembro, de 11 a 14 horas desenvolverase unha mostra en vivo de olería de Bonxe a cargo de Josefa Lombao (Pepa de Bonxe), diante do Cine Teatro. E a partires das 12 do mediodía haberá animación pola rúa con Amigos da Gaita. Pola tarde, ás 16:30 horas charla coloquio Como facer e posicionar un blog que pronunciará Silvia Navarro, blogger de 1sillaparamibolso.es. Este acto está organizado por ACISA e polo Concello de Ribadeo. E o mesmo venres de 16 a 19:30 horas haberá un novo obradoiro Ribadeo á miña medida, impartido por MAUMarela na rúa Reinante e destinado aos máis pequenos da casa.
O sábado, 7 de decembro, será a III Festa do Comercio que organiza ACISA a partires das oito da tarde no Cine Teatro. E o domino, 8 de decembro, de 11 a 14 horas haberá unha mostra en vivo de tear da man de Noela Feal Jiménez na rúa Ramón González e tamén haberá animación musical pola rúa. E de 16 a 17 horas obradoiro de origami na oficina de turismo.
Ao tempo que discorren todas estas actividades desde hoxe e ata o 8 de decembro tamén será posible visitar unha exposición demostración de torneado e talla artística de madeira na sala de exposicións do parque de San Francisco.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo indicou que “si chove as actividades previstas na rúa trasladaranse ao Cine Teatro ou ao Cantón”.
Ana Martínez convida “á xente, a todos e a todas, a que se acheguen a Ribadeo estes días a mercar e a disfrutar do Mercado do Nadal xa tradicional nestas datas na nosa vila”. Un total de 32 artesáns se dan cita no Mercado do Nadal de Ribadeo. Os stands estarán abertos de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



