O sábado 30 de novembro celebrouse en Piedras Blancas-Avilés a disputa da VI edicción da “Copa Cantábrica” de billarda-liriu (o equivalente a billarda en Asturias é o liriu).
Trátase dun torneo intercomunitario que se ven celebrando ininterrumpidamente dende o ano 2008, e no que Galicia foi quen de alzarse co triunfo en cinco ocasións.
Na derradeira edición a Copa quedou en mans asturianas que meritoriamente se alzaron co triunfo, pero desta volta as tornas cambiaron e o trofeo cruzou de novo a Ponte dos Santos para permanecer exposto na sede central da LNB do NorLeste: a Taberna de Lola en Remourelle.
Os palanadores/as que acudiron a chamada do seleccionador Manolo Flores, foron os seguintes: Dos Carabullo, Andrea, Sofía e Isma; de Ekipa Bítere, Flores, Xerman e Xosiño de Tropa Lixeira, Hervi, Xosé e Richar; dos Remourelle Bulls , Lucia e Suso; dos Billardeiros Musicais, Geni, Daniel e Suso Coedo. Tamén foi Muriego dos Bulls, que cambiou o palán pola machorra e xogou no bando contrario convertíndose nun gran reforzo para a selección de Asturias, aínda que a súa meritoria participación non foi dabondo para superar os galegos.
O encontro disputouse por parellas a 60 carreiras, acadando un punto por cada victoria, a perda ou o empate non contabilizaba.
Deste xeito a selección Asturiana que formaba con Lili, Pepa, Hevia, Juan Carlos, Serxio, Xosin, e o citado Muriego, comenzou forte, dominaba carreira tras carreira e aumentaba a diferencia. Eran os amos e donos do encontro, tal é así que a falta de once puntos por disputar, os asturianos gañaban de cinco. Nese intre, quizás pensando que xa tiñan o trofeo no peto, relaxáronse un pouco e víronse sorprendidos polo empuxe e bravura dos palanadores galegos que se crecían en cada lance e jaleados constantemente polos seus, foron quen de consolidar unha espectacular remontada que os levou en volandas cara ao triunfo final con tres puntos de vantaxe.
O encontro foi seguido constantemente por un equipo da RTPA para o programa regional “La bolera” e será emitido en breve.
Logo da tradicional fabada para o xantar, xogouse un novo aberto, desta volta ca disputa dun lacón. Tamén este cruzou a Ponte pois foi Xermán quen se fixo ca pata do porco ao gañar na final por diante de Serxio, Hervi, Coedo e Daniel.
Ca interpretación dos himnos correspondentes polos gaiteiros de ambas comunidades (Xosín e Daniel) deuse por finalizada a xornada quedando emprazados para una nova edicción: a “VIII Copa Cantábrica”.