Lugo, 18 de decembro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, sinalou que a Xunta de Galicia financiou con máis de 83.000 euros as obras de mellora da rúa Ramón González de Ribadeo, unhas obras que veñen de rematar esta mesma semana.
O proxecto da Rúa Ramón González permitiu modernizar esta zona mediante un investimento total de 110.846 euros, dos que a Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, subvencionou a meirando parte, o 75%, aportando un total de 83.134,81 euros, sufragando a parte restante o propio Concello de Ribadeo.
As obras supuxeron unha mellora das condicións funcionais e estéticas da zona. Deste modo, entre outras actuacións, procedeuse á remodelación de beirarrúas, ampliándoas nalgún tramo e a remodelación de zonas de aparcamento, situándoas todas ao mesmo nivel para cumprir coas normativas vixentes de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
Así mesmo, dispúxose a colocación dun novo mobiliario urbano e a plantación dun novo arborado, homoxeneizándoa neste sentido coas especies existentes na actualidade na avenida de Galicia. Por último, a actuación tamén permitiu a instalación de novas redes de canalizacións.
“Deste xeito, permítese a habilitación de zonas peatonais mellor delimitadas e cun mobiliario máis moderno, facilitando un tráfico en mellores condicións que as actuais”, resumiu a delegada territorial.
Esta actuación posúe “un valor moi importante para o desenvolvemento do comercio de proximidade da localidade”, indicou Arias. De feito, a rúa Ramón González concentra boa parte da circulación comercial desta vila, xunto coa zona das catro rúas (Rodríguez Murias, Viejo Pancho, Villafranca del Bierzo e Reinante), o parque de San Francisco e a área do mercado.
Raquel Arias fixo referencia ao importante esforzo que realiza a Xunta para revitalizar o comercio, “un dos principais activos no desenvolvemento das vilas e, en xeral, un importante puntal da economía galega”. O comercio “dinamiza a economía local ao tempo que actúa como unha rede que vertebra o progreso de toda a nosa comunidade”, considerou Arias.
A delegada subliñou tamén que esta actuación representa “unha proba máis da sensibilidade e do compromiso” da Xunta de Galicia cos veciños de Ribadeo e da Mariña en xeral.
Así, segundo expuxo Arias, esta obra da rúa Ramón González súmase a proxectos como os das minidepuradoras das parroquias de Reme e Porto, o mantemento da EDAR do municipio, a execución do novo instituto da localidade e as melloras noutros centros educativos da vila, así como a modernización do peirao de Ribadeo e do seu entorno, exemplos “todos eles do apoio e da colaboración do Executivo galego en favor do desenvolvemento dos ribadenses e do seu municipio”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



