Lugo, 9 de decembro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo, e responsábel das área de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, recibiu no Pazo de San Marcos, a unha delegación africana no marco da Irmandade Galiza – Cabo Verde, encabezada por Manuel de Pina, presidente da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos e presidente da Cámara Municipal da Ribeira Grande, localidade da que maioritariamente procede a comunidade caboverdiana asentada na Mariña lucense. A delegación complétase con Rosa Lopes, presidenta da Cámara Municipal de Porto Novo e única alcaldesa entre os 23 municipios de Cabo Verde, e Vlademiro Almeida, redactor do xornal ‘Expresso das Ilhas’.
A delegación africana comeza así unha intensa xira polo noso país, e grazas á colaboración da Deputación co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, durante a vindeira semana levará a cabo un amplo programa de actos para visibilizar os proxectos de desenvolvemento apoiados no arquipélago atlántico durante os últimos once anos. A comitiva lusófona percorrerá entre hoxe, 9 de decembro, e o 13 de decembro os concellos de Burela, Oleiros, Cambre, Vigo e Allariz. En Burela está prevista para a tarde de hoxe a actuación do contacontos da Tropa de Trapo e, xa pola tarde, un encontro-coloquio coa comunidade caboverdiana.
Neste sentido, Antonio Veiga recordou que “entre Cabo Verde e Galiza existen fortes vínculos culturais e sociais debido non só á similitude que existe entre o portugués e o galego, o que é un valor engadido para as relacións institucionais e sociais, senón tamén pola existencia dunha comunidade caboverdiana, fortemente arraigada na Mariña lucense xa desde os anos 70, de maneira que existe unha conexión moi importante entre os dous países que vai máis alá do eido lingüístico e cultural, derivando tamén en relacións a nivel comercial, institucional e académico”.
O obxectivo desta expedición é difundir en Galiza as iniciativas cofinanciadas en Cabo Verde polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, ao mesmo tempo que se sensibiliza á cidadanía e aos representantes políticos sobre as desigualdades entre os países do Norte e do Sur, nun exercicio de transparencia e intercambio.
O Fondo Galego iniciou a cooperación bilateral coa Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos no ano 2002 e desde entón ten impulsado 33 proxectos de cooperación internacional centrados en áreas como a habitabilidade, o xénero, a saúde e a educación, principalmente nas illas de Santiago, Santo Antão e Maio, mais tamén con presenza nas illas de Fogo, São Vicente e Brava. Promovéronse asemade once asistencias técnicas vinculadas ao programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, un seminario sobre políticas de xénero, a realización de varios documentos audiovisuais e distintas misións político-institucionais tanto en Cabo Verde como en Galiza.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



