O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, estivo este venres na xornada de portas abertas de Xuvenlugo xunto ao xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López. A alternativa de ocio por excelencia do Nadal lucense, estará aberto este Nadal até o 10 de xaneiro, primeiro só durante as fins de semana e xa coas vacacións escolares de Nadal todos os días.
A oferta de Xuvenlugo estruturarase en dúas partes, unha área lúdica cun espazo infantil con inchables e xogos para os máis pequenos, un espazo de animación con obradoiros de manualidades, zona de xogo musical interactivo, circuíto de minigolf e videoxogos; e un espazo dedicado a atraccións típicas das festas dos pobos; e unha área deportiva que disporá dunha pista de slot, unha pista profesional de karting e unha pista infantil de karts. Este ano haberá tamén karts con máis potencia, case de competición, para seren usados polo público adulto.
Ademais durante Xuvenlugo os rapaces e rapazas desfrutarán da visita de personaxes tradicionais das nosas festas como o Apalpador, e durante todos os días, o Paxe Real recollerá as cartas dos máis pequenos para facerllas chegar a tempo e forma tanto a Papá Noel como aos Reis Magos.
Grazas ao apoio económico da Área de Cultura e Turismo da Deputación hoxe celebrouse unha xornada de portas abertas no que todas as familias puideron acudir a XuvenLugo de xeito gratuíto, co que o recinto permaneceu ateigado contándose os visitantes por varios centos.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



