Cervo, 23 de decembro de 2013- O Concello de Cervo entregou hoxe os cheques das axudas ao transporte escolar unha vez resolta a convocatoria da subvención para o curso 2012-2013. Despois de avaliar a documentación presentada, o departamento de Educación concedeu a subvención a 26 beneficiarios, é dicir, a todos os solicitantes que cumpriron os requisitos da convocatoria, aos que se fai un pagamento único de 200 euros a cada un cos que sufragar parte dos gastos de desprazamento dos estudantes.
Deste xeito, o Concello repartiu un total de 5.200 euros nas axudas ao transporte escolar, ás que poden optar dende hai anos aqueles alumnos que cursen os seus estudos fóra de Cervo sempre que as súas titulacións non se impartan en centros do municipio.
Nesta ocasión o departamento de Educación decidira incrementar a contía que podía recibir cada alumno, pasando dos 150 da convocatoria pasada aos 200 euros da actual. Por ese mesmo motivo, e visto o número de solicitudes, o Concello tamén optou por duplicar a partida destinada a estas axudas, chegando aos 6.000 euros fronte aos 3.000 previstos inicialmente, financiados con fondos propios do Concello.
Desta forma, aténdese a todas as demandas, outorgando a axuda ao conxunto total dos solicitantes que cumprían as esixencias da convocatoria. Porque este é precisamente o obxectivo do Concello, “que esta subvención chegue a todas as persoas que a precisen, xa que supón un apoio ás familias e á formación dos nosos mozos e mozas” explica a edil de Educación, Pilar Armada, que participou no acto de entrega xunto ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
Este incremento, tanto da contía de cada beneficiario como da partida global responde a “un esforzo do Concello de Cervo por destinar os máximos recursos posibles a dar máis facilidades aos estudantes e ás súas familias”.
Tamén hai que destacar que este ano incrementouse o número de beneficiarios desta axuda, que na convocatoria anterior foi outorgada a 15 persoas, ascendendo ata os 26 deste ano.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



