O Concello de Ribadeo ven de convocar subvencións en réxime de concorrencia competitiva nas áreas de cultura e servizos sociais e entidades asociativas e clubs para a realización de actividades deportivas na anualidade 2013.
A convocatoria das áreas de cultura e servizos sociais ten por obxecto o establecemento de axudas económicas para que os destinatarios realicen actividades culturais e de asistencia e benestar social, e con carácter xeral, todas aquelas actividades de interese para os veciños do concello que representen unha mellora da calidade de vida dos mesmos ou da cohesión social. As subvencións efectuaranse con cargo ás partidas 2013/230.48900 “Servicios sociais. Transferencias correntes” por un importe máximo de 16.000 euros e 2013/334.48900 “Promoción da cultura. Transferencias Correntes” por un importe máximo de 6.000 euros.
O período que se terá en conta para a realización de actividades será durante o exercicio de 2013, e o tipo de gastos financiados serán estritamente gastos correntes nos que incorran os beneficiarios para o desenvolvemento das súas actividades. E, o importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal cantidade que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, supere o custo total da actividade a realizar polo beneficiario.
Subvencións para actividades deportivas
O obxecto desta convocatoria a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades asociativas e clubes do termo municipal de Ribadeo para a realización de actividades deportivas na anualidade de 2013.
Para iso establécense varias categorías: axudas á actividade competitiva, para a organización de eventos deportivos e para actividades deportivas. En calquera caso, o prazo máximo de execución da actividade ou comportamento subvencionado será dende o 1 de xaneiro de 2013 ata o 31 de decembro do 2013.
A cantidade destinada para a concesión de “SUBVENCIÓNS PARA AXUDAS A ENTIDADES DEPORTIVAS PROMOTORAS DO DEPORTE” do ano 2013, será de trinta mil euros (30.000 euros) con cargo á aplicación 341.48900 do Orzamento Xeral do presente ano 2013. Aínda así, a subvención concedida polo Concello de Ribadeo non excederá, en ningún caso, os 10.000 euros na categoría de actividade competitiva; os 1.800 para a organización de eventos e con 1.500 euros para actividades deportivas.
Solicitudes
As solicitudes, dirixidas á Alcaldía-Presidencia do Concello de Ribadeo, formularanse nos modelos oficiais, os cales serán facilitados directamente polo Concello de Ribadeo, podendo obterse tamén na dirección web www.ribadeo.org. Un exemplar da solicitude – xunto coa documentación que se acompañe- presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, quedando outro exemplar en posesión dos interesados. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais dende a publicación do extracto das presentes bases no BOP.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a partir do día seguinte a aprobación destas bases por Decreto de Alcaldía e da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. E, o prazo de presentación no Rexistro xeral da xustificación rematará o 31 de Xaneiro de 2014, salvo que de xeito motivado sexa prorrogado pola Alcaldía.