Espazo Ecosocialista Galego, membro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), comezará unha campaña informativa a prol da Iniciativa Europea pola Renda Básica Incondicional, o día 4 de decembro de 2013. Este mesmo día instalará unha mesa informativa, de 17h a 20h, na compostelá praza do Toural, onde se recollerá o apoio da cidadanía a prol desta iniciativa. Ao seguinte día, xoves 5, en Vigo no Principe (diante do Marco) recolleranse sinaturas entre as 11,30 e 13,30 horas. Este martes 3 ás 20,00 horas a cita é en La Repelente Maria (Rúa barón, 6) Pontevedra.
O obxecto desta iniciativa é pedir á Comisión Europea que incentive a cooperación entre os Estados membros co obxectivo de explorar a Renda Básica Incondicional (RBI) como ferramenta para mellorar os seus respectivos sistemas de seguridade social.
A Renda Básica é unha aposta por un cambio de rumbo cara un mundo máis xusto e equitativo. Consiste nunha renda que, sen condicións, é concedida a cada membro da sociedade. Esta renda ten catro características: Asegura a existencia e posibilita unha vida integrada na sociedade; representa un dereito exixible individualmente; abónase sen ningún control de ingresos previos e non está condicionada ao traballo.
Deste xeito garántese unha vida digna e impídese que calquera cidadán poida entrar no umbral da pobreza. As persoas poden tomar as súas propias decisións sen estar sometidos á necesidade de vender a súa forza de traballo en condicións inaceptábeis.
O 14 de xaneiro de 2013, a Comisión Europea aceptou a Iniciativa de Cidadanía Europea pola RBI. A campaña ten como obxectivo recoller un total dun millón de sinaturas en Europa, e 40.000 no conxunto do Estado español. Esta campaña rematará o próximo 14 de xaneiro de 2014.
Como complemento a esta campaña informativa na rúa, Espazo Ecosocialista Galego rexistrará nos prinicipais concellos de Galicia unha moción solicitando o apoio das corporacións municipais a prol da Iniciativa Europea pola Renda Básica Incondicional.
Convocatoria para medios de prensa e gráficos dos responsables comarcais e o Coordinador Nacional de ESPAZO, Xoán Hermida:
– Mercores 4 ás 17,00 horas na praza do Toural en Santiago de Compostela
– Xoves 5 ás 11,30 horas na rúa do Principe, diante do Marco, en Vigo




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



