Cervo, 3 de decembro de 2013- O Concello de Cervo iniciou unha campaña de información á cidadanía sobre todas as medidas e protocolos de actuación a seguir no hipotético caso dun incidente no encoro de Río Covo. Este martes celebrouse na Casa da Cultura de San Cibrao unha primeira reunión cos representantes das asociacións e colectivos veciñais de toda a zona afectada. Hai uns días xa se organizara unha reunión interna para os membros da corporación de Cervo co mesmo obxectivo.
Na charla de hoxe estiveron presentes técnicos municipais, de Alcoa, de Augas de Galicia, da Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta así como o alcalde de Cervo, Alfonso Villares e edís do grupo de goberno. Os representantes das asociacións asistentes a este encontro recibiron as explicacións dos especialistas, que deron a coñecer en que consiste o plan de emerxencias, cales son as posibles situacións que contempla e deron indicacións sobre que facer en cada caso. Os técnicos informaron tamén da existencia de sirenas, explicaron como interpretar os sinais acústicos, como actuar en caso de escoitalos e responderon ás dúbidas que se formularon.
Ao mesmo tempo, aclararon a existencia de varios niveis de risco, que implican respostas diferentes. O escenario 1 suporía a existencia dun estado de preemerxencia no que se daría aviso a todos os organismos adscritos ao plan (112, Augas de Galicia…) a modo preventivo. O escenario 2 implicaría unha alerta a todos os integrantes dos grupos operativos e adoptaríanse as primeiras medidas de protección á poboación, incluída a evacuación. En canto ao escenario 3, conleva ademais unha activación das sirenas para facer un aviso colectivo ao tempo que se manteñen as medidas de protección á poboación.
Outro dos datos importantes achegados é a situación dos puntos de encontro, aqueles onde debería acudir a poboación ou a onde sería desprazada polos servizos de emerxencia en caso de evacuación. En total son cinco os puntos contemplados, todos eles fóra da zona de influencia e distribuídos de forma que cada grupo de vivendas dispoña dun nas súas proximidades. Estes lugares estratéxicos sinalizaranse con carteis informativos nos próximos días, e foron escollidos por ser accesibles para os servizos de emerxencias e por ter capacidade para acoller a grandes grupos de persoas.
Tranquilidade
Os técnicos tamén quixeron deixar claro que todas estas medidas forman parte dun protocolo de actuación que se atopa desenvolvido no plan de emerxencias do encoro de Río Covo e tamén no plan de actuación municipal ante riscos de inundacións. Neste sentido hai que destacar que estas medidas póñense en marcha de forma preventiva, para poder actuar en caso dun hipotético incidente, “pero a probabilidade de que se produza é moi baixa. Trátase só da necesidade de ter todas as posibles situacións baixo un protocolo de actuación”, explica o edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto.
A esta primeira charla, de contido técnico, sucederanse outras accións de información. Entre elas, está prevista outra xuntanza, neste caso con todos os veciños e veciñas da zona de incidencia. Ademais, realizarase unha proba acústica das sirenas co obxectivo de comprobar o seu correcto funcionamento así como que a poboación recoñeza o son. Para iso, serán avisados con antelación para garantir a seguridade e tranquilidade da cidadanía. Ao mesmo tempo, estas probas manteranse no tempo ano tras ano para asegurarse de que seguen funcionando.
En concreto, o ámbito de acción para as medidas do plan de emerxencias abarca a zona baixa de San Cibrao, é dicir, a máis próxima ao río Covo, as vivendas situadas nas proximidades do cruce de Río Covo coa estrada nacional (próximas ao encoro), Lieiro e O Guioncho. Aínda así, os técnicos recomendan a todas as persoas que se atopen nas inmediacións das zonas citadas a que acudan ás charlas, “xa que é importante que a cidadanía estea informada” engade Soto.
Esta campaña de información á veciñanza inclúese na última fase da implantación do plan de emerxencias de río Covo despois de que fosen instalados todos os sistemas de seguridade.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



