Burela, 5 de decembro de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, critica a falla de solidariedade que ten o deputado socialista burelés, Alfredo Llano, cos veciños e veciñas parados do concello de Burela. O rexedor, acompañado de varios membros do grupo de goberno, asistiu esta mañá ao pleno celebrado na Deputación de Lugo no que PSOE e BNG votaron en contra dunha moción presentada polos populares solicitando a modificación das bases do plan de emprego da institución provincial.
González Barcia considera que “Llano só foi alí a xustificar os 51.000 euros que cobra ao ano e para unha vez que ten que madrugar desperdicia a ocasión e oponse aos intereses dos parados de Burela. O señor Llano non foi quen de recoñecer o erro que está a cometer o seu xefe, o señor Besteiro, con este plan de emprego que é totalmente sectario e excluínte”.
O alcalde burelés lembrou que “só se poden beneficiar dese plan 12 Concellos de toda a provincia de Lugo e dos que só un é do PP. Esta é a forma xusta de facer política que teñen tanto no PSOE coma no BNG na Deputación Provincial de Lugo”.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



