A Casa da Cultura de Burela acollerá un concerto de Mamá Cabra o xoves 26 de decembro ás 18.00 horas. A actuación forma parte da programación de Nadal co Concello de Burela que ofrece de xeito gratuíto o espectáculo ‘Corocorico’ deste grupo de música infantil que poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico.
