A Mariña, 10 de decembro de 2013. O BNG da Mariña deu os seus parabéns ao persoal sanitario polo éxito dunha folga xeral en Galiza que non so demanda por freo á políticas de degradación do sistema sanitario público con efectos directos nas traballadoras e traballadores do sector, tamén vai en beneficio do conxunto da sociedade para xa que busca parar a súa privatización. A organización nacionalista mariñá anunciou a súa presenza na manifestación que sairá este martes ás 20:30 do Hospital da Costa de Burela.
Para o BNG mariñao, na nosa comarca debemos saír á rúa para frear a degradación e privatización da sanidade pública, mais tamén para demandar a derrogación do decreto de xestión integrada provincial e a súa substitución por un modelo de xestión sanitaria de ámbito comarcal. Argumentan que a sanidade da Mariña non pode ser xestionada dende o descoñecemento e o desprezo que está demostrando o xerente provincial cunha comarca que ten entidade suficiente para contar cun sistema de xestión integrada propio.
Para os e as nacionalistas mariñaos estamos diante dun proceso de degradación calculada do sistema sanitario público con medidas como os repagos de medicamentos, próteses ou ambulancias que afectan sempre á parte mais débil da sociedade como son os e as pensionistas, enferm@s crónic@s e a xente con menos recursos.
O Partido Popular, tanto no goberno da Xunta como no Estatal, está aplicando unha auténtica “contrarreforma do sistema sanitario público co fin de privatizalo e entregalo nas mans das grandes corporacións financeiras e aseguradoras”. Non é de recibo que a administración pública sexa a gran valedora da sanidade privada, derivando como o fai aos centros privados, ás persoas que deberan recibir asistencia no sistema público, moito menos facelo naqueles servizos que maior beneficio lle reportan ás empresas privadas dedicadas ao sector.
O BNG parabeniza ás traballadoras e traballadores da sanidade pública polo éxito da convocatoria da folga destes dous días, nun esforzo loábel por defender o sistema sanitario público contra un proceso de privatización planificado e continuado por parte dos gobernos galego e estatal, seguindo a estela deixada por comunidades gobernadas polo Partido Popular como Valencia o Madrid.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



