Este domingo pasado, 15 de decembro, o Grupo de Espeleoloxía de Lugo (GEL) pechou o segundo fin de semana do Curso de Iniciación á Espeleoloxía que está a desenvolver en Mondoñedo. Este curso, homologado pola Federación Galega de Espeleoloxía, está sendo dirixido por Carlos Fernández Caínzos (Instrutor Nacional da Escola Española de Espeleoloxía).
Na actividade participaron dez cursillistas, a maioría persoas que están a vivir as súas primeiras experiencias nesta apaixonada modalidade deportiva. Levouse a cabo no Refuxio da Federación,sito en Argomoso, e na Cova do Rei Cintolo. Constou de partes teóricas nas que se trataron aspectos como a xeoloxía, formación de paisaxes cársticas, ecoloxía, técnica e material, prevención e topografía, ademais dunha parte práctica de progresión horizontal e vertical en cavidades. No último fin de semana do mes de xaneiro do vindeiro ano, o curso rematará cunha saída á Cova de Cornatel, no Bierzo (León) e, así mesmo, coa correspondente avaliación teórico/práctica dos participantes.
Para o G.E.L., a Espeleoloxía é unha disciplina non só deportiva e científica, senón tamén, de contacto coa natureza e de exploración das derradeiras fronteiras virxes que quedan no noso planeta.Esta actividade débese facer coa debida formación e seguridade, posto que non está carente de riscos.Esta é a razón principal pola que se desenvolveu dito curso, ademais de dar a coñecer unha modalidade deportiva minoritaria e con pouca tradición na nosa provincia.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



