Os socialistas de Burela presentan as emendas aos Orzamentos do Concello para o 2014 que se debaterán no Pleno extraordinario que o Concello de Burela celebra o xoves 26 de decembro.
O Grupo Municipal Socialista entende que os presupostos “son moito máis que un estado de ingresos e gastos. Nos ornamentos condénsase e defínese a acción do goberno municipal”. Polo mesmo, queren presentar “un conxunto de emendas que corrixan os esforzos económicos que os veciños de Burela deben soportar polas malas decisións do Grupo Popular”.
“O aumento da taxa do lixo nun 34%, a suba do IPC en impostos, prezos públicos e taxas e o incremento do 10% do IBI deben ser razóns suficientes para buscar compensación sociais e económicas para o conxunto dos veciños”, consideran dende o PSdeG burelés.
Ademais, engaden que “a entrega, a discreción, de subvencións nominativas a entidades, colectivos e asociación, sen ter en conta unhas bases reguladoras que se deben aplicar segundo a lei correspondente e que garante obxectividade, igualdade de oportunidades e valoración de programas, cualificámolo de moi negativo o ser o alcalde quen impón as contías e as razóns para subvencionar”.
Polo tanto, propoñen as seguintes emendas:
Emenda nº1. – Aplicar bases específicas para a concesión de axudas de acordo coa Lei vixente.
Aplicar a Lei 27/2003 para a concesión de subvencións a entidades, asociacións e colectivos. Procurando adaptarse á realidade funcional e peticións formais da subvención para concretar a axuda. En caso de superávit con respecto á cantidade suposta, empregar a diferenza para apoiar un fondo de axuda a familias necesitadas.
Emenda nº2. – Dedicar o aumento de ingresos derivados do 10% de suba do IBI a un fondo destinado a un Plan Municipal de Emprego, con dotación inicial de 140.500 euros, onde no proceso de selección de aspirantes estarían presentes todas as forzas políticas con representación municipal, e no que terían preferencia de acceso integrantes de unidades familiares con todos os membros no paro.
Partidas recomendadas para a dotación económica do Plan de Emprego:
Atencións protocolarias: 8.000 euros
Publicidade e propaganda: 40.000 euros
Outros gastos diversos: 72.000 euros
Dietas: 6.800 euros
Gastos locomoción: 13.700 euros.
Emenda nº3. – O incremento de ingresos pola suba dos impostos, prezos públicos e taxas destinalos a un fondo de axudas, de 15.000 euros, para familias ou persoas que non dispoñan de medios para facer fronte os recibos da luz, lixo, auga, repagos en fármacos hospitalarios e urxencias en pago de vivendas ou alimentación.
Orixe para o fondo de 15.000 euros: recadacións por taxas (no orzamentos, soamente na taxa de recollida de lixo, hai un incremento de 100.600 euros).



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



