Lugo 05 de decembro de 2013.- O presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, converteuse este xoves no presidente que “virou as costas a un acordo histórico acadado en 41 concellos da provincia e no que se reivindica a igualdade de oportunidade entre parados”.
O socialista, xunto aos seus socios de goberno, fixo “oídos xordos” ás peticións de entorno a cen alcaldes e edís de toda a provincia que asistiron hoxe ao salón de plenos do organismo provincial para reivindicar un plan de emprego que chegue a todos os municipios “modificando as bases do actual que deixan fóra do proceso de selección a 9 de cada dez desempregados”.
A unidade posta de manifesto hoxe por alcaldes e edís de toda a provincia é a mellor mostra da “defensa por parte dos populares dos intereses reais dos lucenses”, ao considerar “inmoral” que por razóns políticas o plan do bipartito chegue só a 12 dos 67 concellos da provincia.
“Queremos vetar aos que discriminan e crean concellos de primeira e de segunda categoría”
Durante a celebración do pleno extraordinario no que se solicitaba de maneira concreta a modificación das actuais bases “sesgadas” e o incremento da contía orzamentaria do plan de emprego; a voceira do PP na Deputación Provincial de Lugo, Elena Candia, deixou claro que “a nosa prioridade é crear emprego, polo que nunca estaremos en contra de iniciativas que fomenten a contratación de parados”.
Porén, a popular asegurou que “é inaceptable que se marxine aos desempregados en función do concello no que residan, e é inaceptable que cando se xestionan cartos públicos, a Deputación negue a oportunidade de participación a todos os concellos da provincia”.
“Queremos que se manteñan as contratacións nos 12 concellos que si se benefician do plan e que se amplíe aos 67 municipios da provincia”, manifestou Candia, en referencia aos acordos plenarios trasladados dende os concellos.
A mentira e a inmoralidade, únicas xustificacións de que máis do 94% dos parados non podan participar no plan
Elena Candia afirmou hoxe que só a través da mentira e dunha actitude “inmoral” se pode xustificar que máis do 94% dos parados non podan participar na selección do plan de emprego da Deputación Provincial de Lugo. Están incluídos para participar no proceso de selección do plan o 5,46% (1.416 parados) e polo tanto queda fóra o 94,54%, é dicir, 24.522 parados.
“Crearon un plan a súa medida” coa vista posta nas próximas eleccións municipais de 2015, ata o punto, matizou a popular, “de que os contratos finalizan un mes despois das citas nas urnas” e, a maiores, dos 12 concellos que cumpren os requisitos, só un está gobernado polo Partido Popular.
Os datos desmontan cada mentira do bipartito provincial
Candia desbotou unha a unha as mentiras do goberno provincial, facendo referencia a datos oficiais e asegurando que “o que é medible, non é interpretable”.
Os concellos de máis de 5.000 habitantes (excluídos directamente do programa) necesitan tamén a colaboración en materia de desemprego, ata o punto de que moitos deles teñen unha maior taxa de paro que os incluídos.
De igual maneira, é “falso” que busquen chegar a onde non o fixo a Xunta de Galicia, xa que a administración autonómica colaborou con todos os municipios da provincia xerando máis de 374 empregos a través do plan de cooperación en 2013, a maiores concede axudas de mínimo 20.000 euros a todos os concellos con rede natura, e puxo a andar accións formativas a desempregados por máis de 4 millóns de euros.
Ao mesmo tempo, todos os municipios poden solicitar sen discriminación obradoiros de emprego; e a maioría dos concellos incluídos no plan nin tan sequera o fixeron. Deste xeito, dos 33 obradoiros de emprego que puideron ser solicitados entre as anualidades 2010 e 2013 por parte dos once concellos gobernados polo bipartito que entran no plan, non se chegaron a solicitar 27.
A realidade é que concellos incluídos no plan, como Becerreá ou o Incio, incluso renunciaron as brigadas de incendios concedidas pola Xunta de Galicia, negándose a firmar convenios coa administración autonómica.
Centrados no emprego en época electoral
“É inmoral xogar coa necesidade da xente”, e máis facelo “por réditos electorais”; de non ser a así, os populares pregúntanse o porqué na liquidación do terceiro trimestre da conta xeral de 2013, Gómez Besteiro ten só un grao de execución do 4,17% na partida de fomento do emprego; ao tempo que deixou 2,7 millóns sen executar no 2012.
O GPP censurou que o bipartito votase en contra das iniciativas que levaron a pleno solicitando a creación de plans de emprego e agora presenten un programa que non dotará de ningún contrato a comarca máis poboada da provincia como é Lugo, ou só inclúe un concello da Mariña, exemplificaron.
“Estanse creando parados de primeira e de segunda en función do municipio de residencia”, matizou a popular, quen explicou que cunha poboación moi semellante e menos número de parados, entran concellos no plan, mentres quedan excluídos outros cunha taxa de desempregados maior. Por exemplo, mentres inclúen a Cervantes, deixan fóra a Rábade, co mesmo número de habitantes e un número de parados que case dobra ao do municipio da montaña.
Polo tanto, Gómez Besteiro negouse a rectificar un plan “discriminatorio, excluínte, que clasifica parados de primeira e de segunda só por obter réditos electorais”.
















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



