A secretaria de emprego do PSdeG-PSOE, Gloria María Prada, lamentou este martes, unha vez publicados os datos do paro, que Lugo “sexa a cuarta rexión de España na que máis postos de traballo se destruíron no último mes”. Concretamente, segundo a información que figura no Servizo Público de Emprego Estatal, Lugo conta con 27.440 parados, 847 máis que en setembro; o que representa un aumento do 3,19% con respecto ó mes anterior. Deste xeito, tan só nos superan as Illas Baleares cun incremento do 10,93%; a provincia de Lérida co 3,48%; e a Comunidade de La Rioja cun aumento do 3,97%.
Neste senso, a socialista lamenta que “un mes máis temos que soportar como medra a lista do INEM en Lugo e os que teñen as competencia non están a facer absolutamente nada para frear este ascendo imparable. Dende que o Partido Popular goberna en Madrid en en Galicia temos máis paro ca nunca. Volverán a maquillar os datos, pero as cifras, desgraciadamente, falan por si soas. Con isto demóstrase que non sairemos tan pronto da crise e, en Lugo, moito menos aínda”. Proba delo, asegura Gloria María, é que o número de afiliacións á Seguridade Social caeron na provincia un 0,88% (1.015). Só nos superá Pontevedra en 0,02 puntos porcentuais -0,90%- (2.825); en Coruña esta porcentaxe baixa un 0,84% (157) con respecto a Lugo e, en Ourense, este descenso é do 0,3% (575).
É dicir, tal e como indicou Prada, somos a segunda provincia da Comunidade na que hai menos afiliados á Seguridade Social. “Se non hai inversión, non hai traballo. Demóstrase que, a Xunta de Galicia, que é a administración coas competencias directas en emprego, nesta provincia nin está nin se lle espera. Basta con lembrar a política que seguiu con Tablicia, Muebles Hermida, o Grupo Mon, Sargadelos, Cementos Cosmos, Alimentos Lácteos…. Os Gobernos do Partido Popular están provocando que Lugo desapareza do mapa empresarial e industrial galego”, concluíu a socialista.
A agricultura e o sector servizos, os grandes perxudicados
Galicia conta 270.854 persoas sen traballo, 2.629 máis que en novembro; o que supón un aumento do 0,98% con respecto ó mes anterior. Neste caso, a provincia de Lugo só é superada por Pontevedra con 1.159 parados máis. A Coruña rexistra un aumento de 350 persoas nas listas do INEM e en Ourense este acenso é de 273 cidadáns.
Os sectores máis perxudicados son os da agricultura, no que o paro aumento con respecto ó último mes un 3,65% , e no sector servizos un 3,89%. Lamentablemente, indica a socialista, por idades e sexo os perxudicados son as mulleres e as persoas que superan os 45 anos. “É alarmante que unha provincia como a nosa, na que a gandeiría é un dos principais piares da súa economía, sexa un dos sectores máis afectados. Se diminúe o número de cotizantes no campo, o rural afogarase cada vez máis e o despoboamente aumentará sen límites”.
Mentres aumenta o paro, a Xunta reduce o investimento en emprego
Gloria María Prada incidiu, ademais, en que o futuro laboral lucense non se presenta moito máis alentador en 2014, tendo en conta o Orzamento da Xunta de Galicia para o vindeiro ano. Neste senso, subliña que, dende que Feijóo dirixe o Goberno galego, o gasto en programas para políticas activas contra o paro descendeu un 60%. “Esta é a única realidade, as cifras están aí, o demais son contos que nos intentan contar. Pola contra, outras administracións que non teñen as competencias en traballo, como a Deputación de Lugo, dobran o investimento neste eido. Esta é a diferenza entre uns e outros”, destaca a socialista.
Proba delo, asegura, é que o vindeiro ano o Executivo autonómico investirá 21 millóns de euros menos en Sanidade; 20 millóns menos en Educación; 20 millóns menos para a dinamización do rural; 19 millóns menos para a promoción do emprego e 15 millóns de euros menos para actuacións medioambientais. “Por tanto, con estes números como vai descender o paro no campo, no sector servizos, na pesca…. Os Gobernos do PP estannos levando a un desamparo total e absoluto, están contribuíndo a que teñamos que marchar fóra da nosa Comunidade para intentar sobrevivir. Falan de brotes verdes, pois calquera persoa sabe que se non hai traballo, a recuperación económica non existe”, concluíu.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



