Ribadeo, 5 de decembro de 2013. O sábado, 7 de decembro, celébrase a III Festa do Comercio que organiza ACISA e que neste 2013 repartirá 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.
Dende a directiva de ACISA sinalan que “todas aquellas personas que desde el 22 de diciembre y hasta la fecha hagan sus compras y consuman en los locales asociados recibirán las papeletas para participar en el sorteo que tendremos el día 7 por la tarde”.
A III Festa do Comercio dará comezo ás cinco da tarde cunha chocolatada a favor de Cáritas nas inmediacións do Cine Teatro. A partir das 18 horas haberá pasarrúas polas rúas de Ribadeo a cargo dos grupos Aturuxo e Kalandraka para animar á xente a achergarse ao Cine Teatro a disfrutar da festa do comercio, que dará comezo ás 20 horas coa actuación do grupo ribadense Remakers. O broche de ouro á xornada poñerao o sorteo de 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante o Nadal.
En total poranse en xogo 5 premios. O primero estará dotado con 500 euros, o segundo con 400, o tercero con 300, o cuarto con 200 e o quinto con 100 euros. En total son 1.500 euros en vales de compra para consumir nos locais asociados: comercio e hostalería. Desde a directiva de ACISA recordan que “como siempre será necesario estar presente en el sorteo del Cine Teatro para poder llevarse el premio”.