BAOBAB TEATRO presenta O SOLDADIÑO DE CHUMBO o luns 30 de decembro no auditorio municipal Hernán Naval a partir das 17.30 horas. Xosé Manuel Esperante, Óscar Ferreira, Xurxo Cortázar, Andrea Bayer e Daniel Abalo porán enrriba do escenario esta historia de aventuras onde se enfrontan o poder, a inocencia e o amor nunha verdadeira historia do mal, e é o amor, un amor verdadeiro e firme e non exento de humor, o que sae vencedor cun fermoso e explosivo final. O soldadiño de chumbo é un delicioso conto que cautivará a imaxinación de nenos e adultos durante 55 minutos e por un prezo de 2,5 euros.
