A Casa da Xuventude de Mondoñedo será o escenario onde se desenvolvan entre o venres 13 e o domingo 15 de decembro as XII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil y Castro” dirixidas por Abel Vigo García.
Os interesados en recibir máis información ou formalizar a matrícula poden contactar co Concello de Mondoñedo nos teléfonos 982 52 40 03, 982 52 14 51 ou a través do enderezo electrónico xornadas.arqueo@gmail.com. A matrícula é gratuíta.
Entre a temática que se abordará nestas xornadas organizadas polo Concello de Mondoñedo coa colaboración da Área de Cultura de Deputación de Lugo atópase a protección, restauración e conservación do patrimonio arqueolóxico e o Lugo romano. A última xornada acollerá unha visita guiada ó Centro Arqueolóxico do Barbanza.