Lugo, 30 de decembro de 2013.- As denuncias efectuadas polo Partido Popular que alertaba sobre a discriminación na que incorre o Plan de emprego deseñado polo Goberno que preside José Ramón Gómez Besteiro veñen de confirmarse na súa totalidade logo de coñecerse a Resolución da Xunta de Goberno da Deputación na que exclúe a 55 dos 67 concellos da provincia e, deste xeito, deixa fóra da oportunidade do proceso de selección das 80 prazas dispoñibles á inmensa maioría dos parados da provincia.
Desde o Grupo Provincial do Partido Popular a súa portavoz, Elena Candia explica que a Comisión de Valoración do Plan de emprego que aplicou as bases elaboradas polo bipartito so permite beneficiarse do Plan a 12 municipios, confirmando os datos dos que falaba o PP e lamentou que pese ás múltiples queixas recibidas desde todos os puntos da provincia e a indignación xerada entre a poboación PSOE e BNG non teñan rectificado e decidan poñer en marcha un plan que rouba os dereitos dos parados da provincia en función dos intereses partidistas de Besteiro e que exlúe aos parados en función do concello no que residan.
Os populares sosteñen que un plan de emprego financiado con cartos públicos debera chegar a todos os concellos da provincia sen exclusión e incluir unhas bases nas que, como fai a Xunta, se garanta a igualdade de oportunidades de todos os desempregados lucenses.
O BIPARTITO MENTIU ATA O ÚLTIMO MOMENTO
Elena Candia acusou tamén aos deputados do bipartito provincial de aproveitar as mentiras e medias verdades ata o último momento co fin de enganar aos lucenses.
Neste senso denunciou que o propio día 21, con ocasión da histórica concentración silenciosa promovida polo PP en denuncia dos aspectos discriminatorios deste plan de emprego, o portavoz socialista provincial, Manuel Martinez, fixo unhas declaracións -reflectidas nunha nota de prensa que pode ser consultada por cualquera- na que aseguraba que o plan beneficiaría a 24 concellos lucenses, a sabendas de que este dato era falso, xa que un día antes – o 20 de decembro- xa tiñan asinada a resolución que limitaba os concellos beneficiarios aos 12 definitivos, excluíndo ao resto.
“Pisotean os dereitos dos desempregados lucenses e minten sen rubor nin disimulo” -conclúe Candia- quen sinala que o Grupo Popular seguirá defendendo a necesidade dun plan de emprego que non discrimine a ningún concello e dea igualdade de oportunidades a todos os lucenses que se atopan sen emprego.


















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



