Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza os seguintes ROGOS ao Pleno do Concello co obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible.
1. Varios veciños de Celeiro manifestaronlle ó noso grupo, a súa preocupación polo estado de abandono no que se atopa o barco 2º Flor de Ares – situado enfrente a piscina -, xa que o seu máis que evidente estado de deterioro, sumaselle agora o feito de que sirva de lugar de xogo para algúns nenos e nenas do lugar, co conseguinte risco que isto entrana para a súa integridade física. Por este motivo, e en previsión de que acontezan males maiores e polo que ROGAMOS ó equipo de goberno, que adopte as medidas necesarias para a reparación deste barco e extreme as medidas de vixiancia pra que non sirva de zona de xogo a estes menores.
2. O barco a Pomba sigue a custarlle preto de 6000 euros anuais ó concello de Viveiro polo seu atraque no Porto de Celeiro, presentando cada día que pasa un estado de deterioro máis que evidente; si a isto lle sumamos o risco de que se solte novamente, como xa ten ocurrido , cos conseguintes danos que poida ocasionar e que sin lugar a dúbida repercutirán na maltreita economía do noso concello, e polo que ROGAMOS ó equipo de goberno, que de unha vez por todas lle dea unha solución a este asunto, que o único que ocasiona é un gasto innecesario e ademáis pode orixinar situacións que repercutan dun xeito negativo na economía municipal.
3. A Casa do Forno de Celeiro leva cerrada dende hai uns 15 días, debido a enfermidade da persoa encargada de abrir este local, tal e como nos teñen manifestado os propios veciños. Este feito impide o disfrute da mesma por parte das persoas que acudían habitualmente á mesma. Por este motivo, ROGAMOS ó equipo de goberno que adopte as medidas necesarias, para que mentres se prolongue a ausencia desta persoa encargada, se envie a a outro empleado municipal para que realice estas labores e así os veciños de Celeiro que poidan disfrutar deste espacio.
4. Nunha reciente visita as instalacións do Club Piragüísmo Viveiro, situadas dentro do estadio municpal do Cenvedo, puidemos comprobar como nos vestiarios de mulleres caeran unha boa parte dos azulexos, e os que quedaban estaban a punto de seguir o mesmo camiño. Por este motivo e ante o perigo que supón para as súas usuarias esta situación e polo que ROGAMOS ó equipo de goberno que proceda o seu arranxo coa maior celeridade posible, posto que xa lles foi demandado dende o club nalgunha ocasión o citado arreglo, sen que ata o momento se atendese a súa petición.