Este domingo, 22 de decembro de 2013, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, percorreu a Serra de Meira, dende o Pedregal de Irimia ata o Alto da Carota, un tramo duns 14 quilómetros. Despois de pelexarse coa néboa no primeiro tramo da ruta, puideron disfrutar dos encantos destes paraxes coas súas espectaculares vistas e no medio dun ambiente outonal impresionante. Finalmente, chegaron ao mercado dominical de Meira e para repoñer forzas foron ao Restaurante o Muíño onde todos os participantes brindamos por este ano que xa rematou en canto a andainas se refire e polo novo que virá cheo de novas rutas e sorpresas. Recordan a todos os socios da Asociación de Senderismo Terras de Lourenzá, que a Asamblea Xeral celebrarase o vindeiro 3 de xaneiro, ás 21.00 horas, en primeira convocatoria e ás 21.30 horas en segunda, no Salón de Actos da Casa do Concello.





















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



