Cervo, 2 de xaneiro de 2014- O Concello de Cervo celebrou este xoves, na piscina municipal de Lieiro, a súa habitual festa acuática infantil, con inchables e xogos na auga. Unha cita estivo aberta a todos os nenos e nenas, usuarios habituais ou non da piscina.
Antes tivo lugar o acto de entrega das cartillas de nivel ao alumnado da Escola Infantil Municipal de Natación, que se fixo coincidir no día coa festa para que ao remate puidese gozar tamén desa actividade. Trátase dunhas cartillas de progreso que se entregan cada tres meses e que funcionan a modo de pasaporte para, no seguinte trimestre, poder acceder a un novo nivel.
Cada cartilla indica un nivel de destrezas na auga, e cada un deles está relacionado cunha cor e cun animal mariño. Así, o nivel 1 é o cangrexo; o nivel 2, o pato; o 3 a tartaruga; o 4 a foca; o 5 o delfín; e o 6 o tiburón e, ao mesmo tempo, teñen deseños infantís e atractivos adaptados ás súas idades. Cada un deles inclúe diferentes criterios de avaliación e, entre outras habilidades, valóranse as capacidades de inmersión, a respiración, os desprazamentos, os saltos, as flotacións, os estilos de natación a diferentes distancias, ou os mergullos, todos eles a distintos niveis de esixencia.
Deste xeito, os monitores poderán controlar os avances e progresos de cada alumno e adaptar a súa aprendizaxe ao seu nivel. O edil de Deportes, Luis Guillén, que participou na entrega xunto ao alcalde, Alfonso Villares, asegura que a través deste sistema “os nenos e nenas practican a natación máis motivados coa ilusión de acadar uns obxectivos concretos”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



