A Asociación Cultural “O CAIADO” celebrará o próximo sábado día 25 de xaneiro, ás cinco da tarde, un novo acto cultural de cara ós internos dito acto tamén será aberto a todo o público en xeral.
Nesta nova cita, foi invitada para tal evento a Agrupación Folclórica “A SUBELA” de Foz, agrupación de gran traxectoria de música e baile tradicional.
Tamén cabe destacar que a Asociación Cultural “O CAIADO” conta nesta ocasión coa inestimable colaboración da Fundación ALCOA.
Este acto será o sexto que celebrará a Asociación Cultural “O CAIADO” dende a súa fundación no mes de xuño de 2013, no seu proxecto de levar grupos musicais e culturais en xeral á Residencia de anciáns de Foz, dita organización naceu coa idea de acompañar ós residentes un día ó mes con este tipo de actos lúdicos, e que para tales programas cóntase coa incondicional colaboración de tódalas asociacións musicais de Foz, como tamén con individuais e ata algúns artistas de fóra de Foz que se ofreceron voluntariamente para participar nestes eventos despois de estar xa comezado o programa.