Lugo, 28 de xaneiro de 2014. Na mañá deste martes o pleno da Deputación de Lugo aprobou cos votos a favor do equipo de goberno e cos votos en contra do PP a moción pola que a institución solicitará ao goberno central un posicionamento contrario a calquera suba nas cotizacións para persoas autónomas e pequenas empresas, ao mesmo tempo que “demandamos do Goberno do Estado aprobar as reformas lexislativas necesarias de cara a promover unha reforma fiscal verdadeiramente progresiva, que grave ás grandes fortunas e grandes empresas, persiga a fraude fiscal e non incremente as cargas sobre as persoas autónomas e pequenas empresas” – tal e como defendeu o vicepresidente e deputado do BNG na Deputación, Antonio Veiga.
Nesta liña, Antonio Veiga alertou da importancia de non adoptar medidas perniciosas para un colectivo qu e en Galiza se sitúa nos 214.000 traballadores autónomos, e tamén en Lugo, a masa de traballadores autónomos supón unha porcentaxe da forza de traballo superior ao 24 % do total de afiliados á seguridade social. Só no ano pasado perderon o seu emprego en Lugo máis de 6.000 traballadores e traballadoras autónomas. Así, o Goberno vén de aprobar un considerábel incremento das cotizacións mínimas para as persoas autónomas que contan con 10 ou máis persoas empregadas no último ano, que representa unha suba do 22%, case 60 euros ao mes, o que afecta a 45.000 galegos. A consecuencia directa desta medida será afondar no estrangulamento económico ás persoas autónomas e a emprendedoras. Ademais, o efecto indirecto será a destrución de emprego neste tipo de unidades económicas ao forzar a que sociedades deste tipo contraten menos de 10 persoas. Por outra banda, tamén se produce un incremento da base mínima para todos os autónomos, que é a cotización maioritaria en Galiza, que provocará un incremento de máis de 60 euros ao ano para máis de 160.000 galegos e galegas.
Por todos estes motivos, o equipo de goberno aprobou esta moción que contou co voto en contra do Partido Popular, malia que na súa argumentación recoñeceron que as medidas aprobadas non eran precisamente boas para o colectivo de autónomos e pequenas empresas.
Titularidade pública patrimonio cultural das caixas
Por outra banda, a Deputación tamén aprobou instar á Xunta de Galiza para que garanta a titularidade pública e acceso universal do patrimonio cultural que posúen as caixas galegas, froito da súa obra social, e que este patrimonio se manteña en Galiza. Esta moción tamén contou co rexeite do PP e aprobouse cos votos a favor do equipo de goberno.
Tal e como defendeu Mario Outeiro, “froito do traballo e do esforzo de miles de galegas e galegos que depositaron os seus aforros nas caixas galegas, estas, cumprindo só unha pequena parte da súa obrigada función social, foron capaces de acumularen unha colección de obra plástica e de inmóbeis que representan gran parte da nosa creación artístico-cultural desde finais do século XIX até os nosos días. a privatización das caixas galegas pode provocar o espolio e a deslocalización deste ben propiedade de todo o pobo galego. A Xunta de Galiza ten a obriga legal e moral de velar pola integridade, pola conservación, pola posta en valor e polo rendemento económico deste patrimonio e de evitar por todos os medios o espolio desta riqueza agora en mans de Novagalicia Banco, mais aínda cando dita entidade acaba de ser alleada a unha entidade privada que ten o seu centro de decisión fóra do país”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



