Ribadeo, 28 de xaneiro de 2014. Ribadeo acollerá de febreiro a maio un curso de monitor de fútbol base organizado pola escola galega de adestradores de fútbol coa colaboración do Concello ribadense.
Esta actividade formativa foi presentada este martes na Casa do Concello coa presenza do ex futbolista profesional Manuel Mosquera Bastida, que xogou no Deportivo da Coruña, no Compostela e no Extremadura e participará nalgunha das actividades do curso. Con el estiveron o concelleiro de Deportes en Ribadeo, Vicente Castro; o adestrador do Ribadeo FC, Manolo Vilachá, que é o responsable do curso; e Jaime López, que será un dos profesores.
O concelleiro de Deportes ribadense explicou que “en canto Manolo Vilachá nos presentou a opción de poder realizar en Ribadeo este primeiro curso para monitores de nivel 0 que vai impartir a escola de adestradores deportivos dependente da Federación Galega de Fútbol dende o Concello ofrecémonos inmediatamente por varias circunstancias: en primeiro lugar Ribadeo agora xa conta con instalacións axeitadas para impartir o curso; en segundo lugar, a gran necesidade que hai de realizar este curso para adestradores aquí, pois creo que é unha das maiores debilidades que ten o fútbol en Ribadeo, que é a preparación de monitores e adestradores para fútbol base; e, ao mesmo tempo, darlle promoción ao fútbol base e a Ribadeo como centro deportivo na Mariña. Dado que agora estamos a punto de inaugurar as instalacións do novo pavillón polideportivo, no que temos aulas e salas de reunións aptas para este tipo de eventos, este é o mellor momento. Dende o Concello brindámonos con todas as instalacións e todo o que estea nas nosas mans para poñer a disposición da escola de adestradores.”
O director da escola galega de adestradores de fútbol, Manuel Mosquera, explicou que “para la Federación, para la escuela y para mí es un honor y una obligación estar aquí por nuestro afán de formación de chavales para que nuestros niños pequeños tengan una formación excepcional es importantísimo. Desde que la junta directiva aprobó que dentro de dos años va a ser obligatorio que toda la gente que forme parte de la base acredite como mínimo tener este curso de monitor a partir de ahí todo va a ser una lucha constante para desterrar que en el fútbol cualquiera puede estar. Es un fenómeno social, todo el mundo sabe de fútbol porque es muy cercano, pero para formar chavales no llega con saber si un balón entra en la portería o si un chaval le da con el pie izquierdo. Hacen falta otras cosas: al chaval hay que darle valores vitales dentro del deporte, en este caso el fútbol. Y de esto se trata con el curso de monitores, con gente de mucho nivel formar formadores para que los padres de los niños por fin vean que tienen una persona delante y detrás de ellos que les va a formar, no solo jugando al fútbol sino también en valores vitales dentro del deporte y que le van a hacer mejor persona”.
Manuel Mosquera engadiu: “estamos cansados de escuchar que un presidente necesita un entrenador para la base y alguien le dice que coge a los benjamines porque para ser entrenador de benjamines vale cualquiera. Pero es todo lo contrario: nosotros creemos que en la base es donde tienen que estar los mejores formadores, la mejor cimentación para que cuando lleguen arriba sean mejores personas y futbolistas más preparados. Con este curso de monitor estamos haciendo esto en toda Galicia, estamos creando un caldo de cultivo para que haya mejores formadores en todas las categorías”. E sobre o curso que se celebrará en Ribadeo destacou que “está al frente Manolo Vilachá, entrenador de nivel 3, y desde el momento que me lo propuso ya no tuve ninguna duda porque ya sabía que aquí tenía gente fabulosa. Jaime López es otra persona capacitadísima. Lo que van a ver los alumnos es que van a tener gente enfrente de un nivel excepcional para que aprendan cosas, como terminología, valores que no solo es referente al campo de fútbol. Y al final podremos decirle a los padres que se vayan tranquilos sin ver los entrenamientos porque sus hijos están en buenas manos, como cuando por las mañanas están en el colegio y no estamos pendientes de quien da la clase ese día”.
Manolo Vilachá comentou que “Ribadeo merece ter este curso” e anunciou que “as fechas están xa practicamente definidas: comezará o mércores 26 de febreiro e a clausura está prevista para o mércores 14 de maio. Serán tres meses de clase os luns e os mércores. A xente que ven para impartilo é de máximo nivel, experta nas súas materias”.
No curso poderán participar persoas a partir de 16 anos de idade, que terán a opción de inscribirse a través da páxina web da Federación Galega de Fútbol (futgal.es). O prazo de matrícula remata o 26 de febreiro e o custe é de 150 euros.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



