O Instituto para a Calidade Turística Española ICTE outorgou a Finca Galea (Alfoz) a marca “Q” de Calidade Turística, premio que representa a calidade no sector turístico español, aportando prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigorosidade e promoción aos establecementos que a ostentan.
Ubicada xunto ao río Ouro, en Alfoz, Finca Galea é unha casa de turismo rural con 60.000 metros cadrados de paraxe natural con castiñeiros, acacias, cedros e troncos fosilizados cunha antigüidade de máis de 3.000 anos. O seu muíño de auga e batán, fervenza, lago e innumerables fontes e regatos convértena no Museo Etnográfico da Agua. Dende 2009 dispón dunhas modernas instalacións para celebrar todo tipo de eventos e banquetes, con 1.200 metros cadrados entre cociña e sala con capacidade para 480 comensais.
Para celebrar esta distinción de calidade, Finca Galea lanzou unha promoción especial para banquetes de boda, ofrecendo un completo menú de boda, música DJ, barra libre e servizo de autobús para toda a provincia de Lugo, por tan so 105 euros por persoa.
A entrega anual de certificacións “Q” de Calidade Turística celebraráse por terceiro ano consecutivo no marco da Feira Internacional de Turismo de Madrid FITUR. José Luis Pita, xerente de Kamex-Finca Galea, recollerá persoalmente o galardón durante o acto que terá lugar o xoves 23 de xaneiro e que estará presidido pola Secretaria de Estado de Turismo e o presidente do Instituto para a Calidade Turística Española. Con máis de 2000 establecementos certificados, a marca “Q” de Calidade Turística Española comeza a ser recoñecida a nivel nacional e internacional.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



