Viveiro, 29 de xaneiro de 2014.- O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e maila delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, acompañados de persoal técnico, visitaron este mediodía os xulgados de Viveiro para comprobar o estado do edificio e coa intención de retomar o proxecto de rehabilitación do mesmo.
O investimento previsto para acometer a rehabilitación dos xulgados sitúase ao redor dos 250.000 euros e, segundo o cronograma que manexa a Vicepresidencia da Xunta, a intención é poder iniciar os traballos este verán, logo da redacción do proxecto e da adxudicación da obra.
En canto aos traballos que é necesario acometer está a substitución da totalidade da carpintería de aluminio do edificio, a impermeabilización da fachada traseira, a carpintería da Sala de Vistas e melloras no sistema de calefacción e na pintura das escaleiras.
A actuación que se vai levar a cabo nos xulgados de Viveiro enmárcase dentro do compromiso do Goberno galego coa Administración de Xustiza, de xeito que dispoña dos medios materiais necesarios para levar a cabo as súas funcións.
Precisamente a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten en marcha un ambicioso Plan de Infraestruturas Xudiciais onde se presta especial atención ao estado, mantemento e renovación das infraestruturas dos partidos xudiciais máis pequenos, como é o caso de Viveiro.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



