SOGAMA está a intensificar a súa campaña mediática para impedir que os concellos poñan en marcha alternativas á incineración. Co apoio da prensa do rexime, os amigos das dioxinas pretenden intoxicar a opinión pública con datos manipulados e demagoxia
Para SOGAMA, incineración e reciclaxe son o mesmo!
Na súa teima por presentar os seus vicios como virtudes, SOGAMA non dubida en subministrar información manipulada aos medios. Nun recente artigo nun xornal de tiraxe galega (que recibe da Xunta e SOGAMA cuantiosos ingresos vía publicidade/convenios), recollíase que a “valorización total” de SOGAMA superaba en porcentaxe á acadada polos ámetos de Nostián e Lousame. SOGAMA mistura allos con bugallos e inclúe como “valorización total” a incineración, equiparándoa á valorización material (reciclaxe) que supón a recuperación de materiais e a compostaxe.
Á marxe de que valorización enerxética (incineración) non é valorización material (reutilización e reciclaxe) xa que está 1 ou 2 chanzos por debaixo na xerarquía de tratamento de residuos (prevención, preparación para a reutilización, reciclado, valorización enexética e eliminación, art. 4 da Directiva 2008/98/CE sobre Residuos), resulta que o que fai SOGAMA tampouco pode considerarse valorización enerxética. Non cumpre cos criterios de eficiencia da Lei 22/2011 de Residuos, anexo II: A eficiencia enerxética de SOGAMA está no rango de 0,25 a 0,41, por baixo do 0,6 que marca lei para que o proceso sexa considerado valorización. Portanto, a incineración de SOGAMA é a todos os efeitos equiparábel á eliminación/vertido.
No conxunto e por fraccións, SOGAMA perde por goleada fronte a Barbanza e Nostián
Ao cabo, SOGAMA leva directamente a vertedoiro (eliminación) o 48% de residuos, outro 44% o incinera (que como vimos é tamén unha eliminación) e só un 8% o recupera/recicla. No modelo Barbanza esta reciclaxe atinxe un 46% e en Nostián un 33% dos residuos totais.
Fonte dos datos e gráfico: Xunta de galiza, documento de modificación do PXRUG 2010-2020
SOGAMA confunde intencionadamente materia orgánica entrante con compost
Outro elemento da estratexia da confusión, pensado para desprestixiar directamente os sistemas baseados na compostaxe da materia orgánica, é o pouco de compost que segundo SOGAMA se obtén dos residuos. Confundir materia orgánica en bruto (entrante) con compost (produto final) ignorando deliberadamente que por cada tonelada de compost producido recíclanse 4 de residuos orgánicos, deixa clara a ignorancia e perversión dos que repetindo mil veces unha mentira pensan que virará en verdade.
Ademais a necesidade e utilidade do compost vén sendo demostrada pola comunidade cientídica dende hai anos xa que os solos galegos están a perder enormes cantidades de materia orgánica e portanto fertilidade debido á erosión e aos lumes.
Cal é a realidade dos residuos que van a vertedoiro?
Outro dos bulos de SOGAMA, amplificado convintemente polos medios do réxime, é a porcentaxe de residuos que van a vertedoiro nos distintos ámetos. Se en Barbanza e Nostián é actualmente do 54 e 66% respeitivamente, en SOGAMA vai a vertedioro o 48% dos residuos. Que acontece pois? Que SOGAMA verte menos? Isto tampouco é certo. Nin verte menos, nin verte o mesmo.
SOGAMA manda directamente a vertedoiro o 48% dos residuos que lle chegan, e cobra por tratalos!!. No Barbanza e Nostián a totalidade dos residuos que chegan son procesados, separados, clasificados e estabilizados, e só as fraccións non reciclábeis ou que non atinxen a calidade suficiente van a vertedoiro. Cun maior esforzo na separación en orixe (con sistemas como o Porta-A-Porta, por exemplo) e milloras técnicas poderiase reducir moito a cantidade finalmente vertida. É a filosofía do “Residuo Cero”.
SOGAMA ao incinerar a outra metade dos residuos que lle chegan converte o lixo en residuos tóxicos e perigosos, xerando anualmente 70.000 toneladas de escouras e 35.000 toneladas de cinsas altamente tóxicas cada ano que se levan a vertedoiro en Cerceda. Desta forma, SOGAMA incumpre o obxectivo ou prioridade nº 1 da lexislación: a prevención da toxicidade e perigosidade dos residuos.
Os concellos poden e deben apostar por modelos máis baratos e ecolóxicos
Por moito que a propaganda intoxicadora da Xunta apresente a SOGAMA como a opción máis “barata”, a realidade é que nunca o foi… e coa inminente suba do 34% moito menos. Malia a ter un prezo político e a cobrar por tratar o que logo verten, SOGAMA só recicla o 2% dos residuos que lle chegan. Os outros ámetos (Barbanza e Nostián) cun custo actual similar acadan taxas de reciclaxe mesmo superiores ao fixado na Directiva de Residuos e cando máis reciclen máis barato será o proceso.
Dende ADEGA poñemos ao dispor dos concellos toda a información que SOGAMA tentou agochar durante décadas para que comproben a viabilidade económica (e ecolóxica) dos modelos baseados na redución, a recuperación, a reciclaxe e a compostaxe da materia orgánica a nível municipal. Tamén convidámoslles a coñecer a realidade do modelo da compostaxe, visitando a planta de Lousame na que as mentiras de SOGAMA quedarán ao descoberto.


















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



