O segundo posto obtido por Álex Meitín na Liga Sénior Masculina permítelle consolidar o seu liderato con 92 puntos, 18 más que José Rafael, segundo con 74.
Na terceira posición, Arturo Vigo, con 60 puntos grazas á vitoria obtida nesta tirada de Palmeiro, sustitúe nesta posición a Sócrates Campo, cuarto con 57. En quinta posición Francisco Pérez con 55 puntos, que fixo unha fantástica bolada de 101 puntos que, probablemente, vai ser a bolada do campionato. E sexto, e perdendo unha posición, temos a José Vigo con 54 punto. Xa máis alonxado con 45 puntos, José Manuel Cociña.
En resumo, despois de 11 tiradas e a falla de 7 por disputar, temos un líder moi forte, cunha ampla vantaxe sobre os seus perseguidores: 18 puntos sobre Rafa, 32 sobre Arturo, 35 sobre Sócrates, e con moitas posibilidades de acadar o seu primeiro título nesta categoría.
Álex é un dos xogadores máis novos da Liga e, polas súas condicións, cun futuro brillantísimo na mesma. Rafa, Arturo, Sócrates, Francisco, José,.. pelexarán seguramente pola 2ª e 3ª prazas do podium final, con algunha posibilidade aínda para Rafa de pelexar polo campionato.
Salienta tamén, nesta tirada, que Modesto Albo, de 84 anos, conseguiu puntuar ó clasificarse entre os 10 primeiros da tirada. Concretamente quedou 9º.
Liga Sénior Feminina
Belén Meitín vai disparada cara o seu primeiro título. Nesta tirada de Palmeiro acadou a súa vitoria número 7 da temporada, cuns extraordinarios 214 tantos, e cunha bolada de 72 tantos, que seguramente vai ser a mellor do campionato. Con 58 puntos, 22 máis que Dolores Baño, podemos dicir que, probablement, se vai proclamar campioa desta edición.
Por detrás, unha pechada loita entre Dolores Baño con 36 puntos, perseguida por Paula Meitín con 32 e Salomé Bermúdez con 27. Seguramente estas tres xogadoras disputaranse a 2ª e 3ª posición finais, xa que Concepción Piñeiro, que ten 18 puntos, non está a desenvolver unha temporada brillante, e nestes intres non lle damos moito chance para avanzar posicións na táboa.
Liga Sub 18
A vitoria de Daniel López permítelle ampliar a súa vantaxe sobre Salomé Cardoso a 6 puntos, 8 sobre Isaías e 13 sobre Daniel Alonso. Nesta categoría non hai nada decidido aínda. Destaca a incorporación de Daniel Alonso e de Miguel López a esa tríada (Daniel López e os irmáns Cardoso) que dominaron esta Liga nos últimos anos e que está diante da súa última temporada. Concretamente Isaías está diante da súa última oportunidade de gañar esta Liga, o cal xa fixeron Daniel López e súa irmá Salomé.
A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MONTE o sábado 18 de xaneiro de 2014.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CLUB DE PALMEIRO ( 11 XANEIRO 2014) 32 INSCRITOS: 16 NA LIGA SENIOR, 9 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 324 | 12 |
SEGUNDO | ALEX MEITÍN SERANTES | 318 | 10 |
TERCEIRO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 309 | 8 |
CUARTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 300 | 7 |
QUINTO | JOSE VIGO LAGE | 291 | 6 |
SEXTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 289 | 5 |
SÉTIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 288 | 4 |
OITAVO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 272 | 3 |
NOVENO | MODESTO ALBO VIDAL | 265 | 2 |
DÉCIMO | JORDI MEITÍN SERANTES | 225 | 1 |
MELLOR BOLADA | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 101 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 214 | 6 |
SEGUNDO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 165 | 4 |
TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 157 | 3 |
CUARTO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 148 | 2 |
QUINTO | LAURA IGLESIAS MARIÑO | 122 | 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 71 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 226 | 6 |
SEGUNDO | PAULA CAMPO SUÁREZ | 178 | 4 |
TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 123 | 3 |
CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 108 | 2 |
QUINTO | BRENDA SUÁREZ AZOGUE | 74 | 1 |
MELLOR BOLADA | BELÉN MEITÍN ROUCO | 72 | 1 |