As vellas e fraternais relacións Laredo/Foz teñen a orixe nos anos vinte, cando don Luis Gutiérrez, laredano conserveiro en Foz, convence ós seus veciños para que se trasladen á nosa vila pescar á sardiña, tan abondosa no contorno. Pero a operación, non resultou ó depreciarse o peixe polas desbordantes capturas e os pescadores, lonxe dos seus fogares, tiveron serias dificultades para sobrevivir; pero aquí toparon con xentes que os acolleron e compartiron con eles a súa pobreza, sementando os primeiros lazos de fondos afectos. Din as crónicas que na República, e para as obras do malecón norte de Laredo, precisaban unha embarcación con grúa e demais pertrechos que había en Foz (A Chata). “Las relaciones entre los pescadores de ambos puertos – dí o relator – siempre fueron muy cordiales y amistosas, por lo que, entablados los contactos, se llegó a un acuerdo para que la Chata viniese a nuestra villa…”. Ésta foi tripulada por mariñeiros laredanos e cóntase que “por la envergadura de la grúa la estabilidad era muy precaria y don Pelayo- el experto maquinista que la mandaba- tuvo una singladura muy peligrosa ya que cuando no los vientos recios, el estado de la mar, o la combinación de ambos, hacían que la nao escorase peligrosamente…”.Dirixía as obras do malecón don Antonio Garelly de la Cámara, enxeñeiro de Camiños, que fora moitos anos Director da Comisión Administrativa de Portos, dende o que prestara especial atención ós do norte, e Foz non fora excepción; por iso a Corporación Municipal, que presidía Pepe Beltrán, o 29-1-59, a proposta da Confraría, acorda dirixirse ó Ministro de O.P. solicitando para o señor Garelly a Orde do Mérito Civil á súa xubilación, “dado o acertado labor durante preto de 20 anos ó fronte de dito organismo, do que esta vila se beneficiou”. Antes o concello acordara dar o seu nome ó primeiro muelle de atraque no peirao, fronte ós xardíns Conde de Fontao, que dende entón chámase “Malecón do enxeñeiro Garelly”. Na posguerra abríase un novo,e longo capítulo das relacións Laredo/Foz das que garda memoria o Paseo de Laredo na Rapadoira. Pero esa é outra historia non menos fermosa e solidaria.
Suso Fernández




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



