A Asoc. Cultural O Pasatempo de Mondoñedo ven de aprazar a II Xornada de Curtametraxes que estaba prevista para os vindeiros días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro.
O motivo deste aprazamento é o falecemento do presidente da asociación “persoa moi querida por todos e polo que sentimos un gran pesar”. Así, “por respeto ao seu recordo decidimos aprazar tódolos actos previstos nas vindeiras semanas”. A segunda edición da Xornada de curtametraxes celebrarase nos vindeiros meses. “Aínda non hai fixada unha data concreta pero informaremos puntualmente de tódalas novidades e horarios”, manifestan dende a xunta directiva que terá que ser reestruturada.