Lugo, 4 de xaneiro de 2013.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, denunciou este sábado que a Deputación de Lugo deixa en evidencia á gran maioría dos alcaldes socialistas e nacionalistas na loita contra o desemprego.
O dirixente popular explica que cada vez que desde o organismo provincial denuncian unha falsa discriminación da Xunta aos alcaldes socialistas e nacionalistas en realidade, pretenden disimular a súa falta de xestión, por exemplo, coa actitude dunha gran maioría dos rexedores do PSOE e do BNG que nin tan sequera solicitaron os obradoiros de emprego que oferta a Xunta a sabendas de que, de facelo, poderían beneficiar aos seus veciños desempregados.
NO 70% DOS CASOS NON PEDIRON OBRADOIRO
O parlamentario popular quixo ofrecer datos que demostran a veracidade da súa denuncia e explicou que nos últimos tres anos (período 2010-2013) en preto do 70% dos casos os concellos gobernados por PSOE e BNG nin tan sequera solicitaron obradoiros de emprego, polo que dificilmente puideron ser discriminados nun programa de axudas no que nin tan sequera quixeron participar.
Así por exemplo dixo que 10 concellos como son os de Viveiro, Castroverde, A Pontenova, Pobra do Brollón, O Incio, Pol, Samos, Riotorgo, Ribas de Sil e Negueira nunca solicitaron da Xunta un obradoiro de emprego, nas últimas tres anualidades. E no caso de A Fonsagrada, Monterroso, A Pastoriza, Cervantes, Navia, Pedrafita só o fixeron nunha ocasión das tres oportunidades dispoñibles.
Este tipo de actitude de boicot dos rexedores do PSOE e BNG ante os programas da Xunta para a creación de emprego, tamén tivo lugar noutras iniciativas, incluso cando non se trata de axudas de concorrencia competitiva, como foi o caso das brigadas municipais contraincendios, concellos como Becerreá, O Incio, Castroverde, Monforte e Pol renunciaron a estas axudas, a pesar de que a Xunta financiaba ata o 75% do custo de contratación destes traballadores
OS ALCALDES TERÁN QUE EXPLICARSE
Balseiro considera que nun momento de crise, no que as políticas de fomento do emprego son indispensables, os alcaldes do PSOE e do BNG terán que explicar ante os seus veciños como é posible que neste momento renuncien a solicitar un obradoiro de emprego, tendo oportunidade de facelo ou como renuncias ás axudas para as brigadas municipais, sobre todo tendo en conta que permitirían a contratación de entre 3 e 6 traballadores financiados nun 75% pola Xunta, volveu a lembrar.
PLAN DE COOPERACIÓN
O parlamentario tamén indicou que, a diferenza do que fai a Deputación, que discrimina e exclúe a moitos concellos da provincia do seus plan de emprego, a Xunta colabora con todos os municipios lucenses, con independencia da cor política do seu alcalde, outorgando axudas para a contratación de desempregados a través do plan de cooperación,
Balseiro rematou sinlando que as políticas da Xunta en materia de loita contra o desemprego chegaron a máis de 2.564 lucenses no ano que vén de rematar, o 2013, a través des distintos programas como foron os plan de cooperación, os obradoiros de emprego ou os cursos de formación para desempregados ADF.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



