Este domingo foi localizada nas inmediacións da nave de obras do Concello de Burela unha cadela que estaba a deambular pola zona. Agora está en dependencias municipais á espera de que o seu dono a reclame e vaia recollela. Trátase dun animal de caza de cor clara e con manchas marróns. O propietario pode chamar aos seguintes números de teléfono: 982 58 13 13 ou 982 58 08 67.
