CIG Saúde A Mariña vén de denunciar a falta de determinados medicamentos básicos de uso común e de material no Hospital da Costa; unha situación que deriva nunha asistencia sanitaria deficitaria e impropia dun sistema público de saúde e “na que os principais prexudicados son as veciñas e veciños da nosa comarca”.
Para a CIG as políticas neoliberais aplicadas polo Partido Popular na nación galega, impondo agresivos recortes na sanidade pública, a centralización e privatización da central de compras, así como a falta de planificación e previsión dos xestores do Hospital da Costa (sumado á perda de capacidade para decidir sobre recursos materiais na Mariña ao pasar a depender de Lugo pola aplicación do Decreto de Xestión Integrada), dan lugar a situacións como as vividas estes días, impropias dun hospital público onde os maiores prexudicados son os pacientes que non poden recibir unha atención axeitada.
O SERGAS, explican dende a CIG-Saúde, nega estas carencias e refire que son casos moi puntuais e debidos a un problema alleo de distribución dos laboratorios fabricantes e que se están a administrar tratamentos alternativos. Non obstante, para a central nacionalista estes problemas de abastecemento continúan activos a día de hoxe, con falta de material para administrar inhaladores en doentes con patoloxías respiratorias, material básico de curas e outros medicamentos de manexo frecuente.
A central nacionalista tamén advirte de que algúns dos fármacos deficitarios non teñen outro medicamento alternativo como si asegura o SERGAS, “faltando á verdade para intentar frear a alarma social creada”.
Privatizar servizos é minguar á calidade
Para CIG-Saúde A Mariña, a Xunta é a encargada de velar polo cumprimento das condicións estabelecidas no contrato ao privatizar e centralizar o servizo de compras, tamén no relativo aos prazos dos repartos. Do mesmo xeito, sinalan que o que está a acontecer é un exemplo “de que privatizar servizos mingua a calidade da asistencia sendo o principal prexudicado o/a paciente”.
Solicitude de resposta á Xerencia
Ante a situación vivida no Hospital da Costa durante os últimos días, que aínda persiste, de falta de abastecemento de fármacos e material básico de uso común, a central nacionalista solicita por escrito a relación de fármacos e material que quedaron desabastecidos, o motivo do devandito desabastecemento, e cales son os sistemas de alerta instaurados na farmacia do Hospital da Costa ante a falta de fármacos. Finalmente, a Federación de Saúde reclama á Xerencia Executiva do Hospital unha unha solución inmediata “ante unha situación intolerábel nun hospital do sistema público da Galiza”.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



