A Aula Universitaria da UNED en Foz organiza un curso de inglés para fins turísticos que se celebrará do 12 de febreiro ó 9 de marzo todos os mércores dende as 17.00 ás 19.30 horas. O curso de 20 horas será impartido polo profesor Jorge Cosio Carreño e conta cun programa que recolle a descrición do entorno e dos establecementos turísticos, desprazamentos e transportes, cartas e recepción de clientes, entre outros aspectos. O prezo de matrícula é de 35 euros, 30 para alumnos e desempregados e 25 para discapacitados. Os interesados poden recibir máis información na rúa Castelao, no teléfono 982 133 699 ou foz@lugo.uned.es.
Curso de inglés turístico na UNED de Foz
Curso de inglés turístico na UNED de Foz
Relacionado
-
O patio cuberto do colexio público Manuel Fraga Iribarne, de Cariño, será o escenario dunha completa xornada formativa o 10 de maio, na que se impartirán talleres de defensa persoal e iniciación á arte marcial do jiu-jitsu
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Barreiros, de 19 anos de idade, como suposto autor dun delito de furto
-
O Ribadeo FC celebra a súa 2ª “Fiesta ochentera”