O Espazo Agroecolóxico A Estruga organiza, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais Fraga das Saímas e Viveiros Daplanta, o vindeiro día 18 de Xaneiro a 3ª edición do Curso de Iniciación á Poda que se impartirá en dous bloques. O bloque teórico de 9.30 horas a 11.00 horas e outro práctico de 11.30 horas a 14.30 horas no Centro Sociocultural de San Andrés de Boimente (Viveiro) e en fincas cercanas respectivamente. O cursiño terá una cuota de inscrición de 15 euros para o público xeral e os interesados poden inscribirse ata o xoves 16 pola tarde no Espazo Agroecolóxico A Estruga (Praza Juan Donapetry), no enderezo electrónico estrugalugo@gmail.com ou a través do teléfono 687 601 708 onde tamén se facilitará máis información.
Curso de poda en Viveiro
Curso de poda en Viveiro
Relacionado
-
A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá
-
Este venres comeza unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo