Participan oito colectivos dos concellos de Mondoñedo, Castro de Rei, Guitiriz, Alfoz, Lugo, Riotorto e Barreiros que iniciarán as rutas desde o Mazo de Santa Comba, o Pazo de San Marcos, a produtora de audiovisuais e a Granxa Gayoso Castro
Lugo, 13 de maio de 2025. Uns 184 veciños e veciñas viaxarán esta semana co Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Os participantes pertencen a oito colectivos dos concellos de Mondoñedo, Castro de Rei, Guitiriz, Alfoz, Lugo, Riotorto e Barreiros, e uns percorrerán a comarca mariñá, mentres que os outros descubrirán os atractivos naturais e culturais da Terra Chá ou Lugo.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, deu a benvida este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos á Asociación Cultural e Deportiva Billarda Río Miño, de Castro de Rei, que iniciou o seu percorrido coñecendo a historia e o funcionamento da Deputación de Lugo para despois achegarse ata Quiroga. Neste municipio, os viaxeiros desfrutaron dunha visita a unha empresa produtora de viño e aceite e dun obradoiro de artesanía.
Nesta mesma xornada, o Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López recibiu aos integrantes da Asociación Cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, que iniciaron o percorrido no Mazo de Santa Comba e continuaron ata a Montaña lucense para coñecer a aldea de Piornedo, visitar Navia de Suarna e unha fábrica de embutidos.
Mañá mércores será a quenda dos integrantes da APA do Colexio Público de Lagostelle, de Guitiriz, que partirán da produtora de audiovisuais para logo descubrir algúns dos encantos da Mariña Lucense como o Museo do Mel do Valadouro, o Castelo de Castrodouro, ou a Finca Galea en Alfoz. A Asociación de Veciños San Mamede de Oiras, de Alfoz, tamén participará este mércores no Coñece a túa provincia. Os integrantes deste colectivo partirán do Pazo de San Marcos para logo visitar unha igrexa románica e percorrer o Canón do Sil en catamarán.
O xoves viaxará ata Quiroga a Asociación de Mulleres Rurais Alfinete, de Lugo, e achegaranse ata á Mariña Lucense a Asociación de Veciños San Xosé de Vilaseca, de Riotorto. Os primeiros comezarán no Pazo de San Marcos para despois visitar o Museo Xeolóxico de Quiroga; mentres que os segundos partirán da Granxa Gayoso Castro e continuarán ata a zona de Ourol onde realizarán un percorrido polo cemiterio de Xerdiz e coñecerán a área recreativa da Veiga, en Muras, entre outros lugares.
As visitas desta semana rematarán o venres con dúas entidades. Por unha banda, os integrantes da Asociación de Veciños San Pastor, de Barreiros, coñecerán o Pazo de San Marcos, a abadía de San Clodio ou o Xeomiradoiro de Campodola. Paralelamente, a Asociación Provincial Lucense de Apicultura, de Lugo, iniciará o percorrido no Mazo de Santa Comba e posteriormente visitarán o museo do mel e unha adega en Negueira de Muñiz.
Neste programa tamén se inclúe de balde o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar de orixe, a póliza de seguros de viaxeiros, o menú de xantar e as entradas aos diferentes lugares da visita. Ademais, estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia, así como persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros incluídos nos itinerarios do programa.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



