Marisol Morandeira saudou este mércores aos participantes do IES Basanta Silva que da man da asociación A Estruga aprenderon todo tipo de cuestións relacionadas cos cultivos sostibles, a biodiversidade e xestión dos recursos naturais
Lugo, 14 de maio de 2025. A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, participou este mércores nunha nova edición do Campus de emprendemento sostible que a Deputación ten en marcha para fomentar a conciencia social e ambiental entre o alumnado da provincia, conectándoo cos valores e recursos das Reservas da Biosfera que xestiona. Hoxe o alumando do IES Basanta Silva aprendeu, da man da asociación A Estruga, todo tipo de cuestións relacionadas cos cultivos sostibles, a biodiversidade e a xestión dos recursos naturais.
“Vivimos nun territorio privilexiado, cunha riqueza natural recoñecida a nivel internacional a través das nosas Reservas da Biosfera”, destacou Morandeira, quen incidiu en que “esa riqueza non se entende sen as persoas que a coidan, que a habitan”. Nese sentido a Deputada insistiu en que este campus é moito máis cunha aula, e definiuno como “un espazo para compartir ideas, para coñecer proxectos reais que funcionan aquí na nosa contorna”.
Durante a xornada, o alumnado de secundario visitará a explotación da Estruga situada na parroquia de Cabreiros (Vilalba), onde coñecerá métodos de agricultura ecolóxica e ademais participarán nun taller de elaboración de conservas ecolóxicas.
Desde a súa creación no ano 2013, por esta iniciativa da Deputación de Lugo pasaron xa máis de 500 estudantes de secundaria de centros educativos situados nas Reservas de Terras de Miño e Ancares Lucenses. Nos Campus de emprendemento sostible combínase a formación teórica con visitas a empresas rendibles e sostibles situadas no rural da provincia, permitindo aos mozos e mozas a interacción directa cos responsables das entidades colaboradoras e coñecer exemplos vivos de casos de éxito e boas prácticas.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



