Lugo, 29 de xaneiro de 2014.- O presidente de NNXX, Daniel Vega, instou este mércores a Galiza Nova a “poñer os puntos sobre a ies” e rachar co bipartito provincial.
Vega manifestou que de non abandonar o bipartito provincial, os nacionalistas son cómplices das graves artimañas de Besteiro, polo que urxíu a esta formación política a irse e deixar de ser partícipes destas actuacións que está levando a cabo o señor Besteiro na Deputación de Lugo.
Dixo Daniel Vega que Galiza Nova non pode seguir apoiando a falta de transparencia e o sectarismo do Señor Besteiro polo que ten que urxir ao BNG a irse do goberno provincial.
O mozo popular concluíu denunciando a falta de información por parte de Gómez Besteiro, quen na sesión plenaria de onte, non revelou a cantidade económica que destinou a UXT e mostrouse convencido de que a negativa do presidente da Deputación de revelar a información solicitada, débese a que algo está ocultando.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



