Na mañá de onte presentouse nun lugar emblemático, no Seminario mindoniense de Santa Catalina, un proxecto que nace do traballo de varias entidades e persoas, que de xeito desinteresado e comprometido, cren na nosa localidade.
Penso, sinceramente, que é a liña de traballo a seguir, a unión entre as Institucions, a labor conxunta entre Entidades Públicas e empresas privadas e a implicación de xente que ten proxectos para sumar.
Creo que Mondoñedo é un destino turístico indiscutible pero tamén se ten analizado en moitas ocasións, e comparto, que como tal, tiña puntos febles e debilidades que entre todos temos que correxir.
Descubre Galicia, é unha iniciativa dunha axencia de viaxes que elabora paquetes turísticos, entre os cales, a nosa localidade ten un protagonismo especial e incluso son das que penso que se debe ter máis.
A mencionada axencia aposta polos paquetes como unha estratexia de comercialización; certo é que as novas tendencias dos potenciais clientes fan que moitos profesionais sexan escépticos; un escepticismo que comparto nalgún punto, pero no que non dubido é no seu incalculabre valor como estratexia de promoción, dunha promoción conxunta para atraer xente, buscando potenciais clientes a través de colaboradores en España pero tamén cunha perspectiva claramente internacionalizada, algo especialmente importante e necesario.
Paréceme moi acertado, e sen dúbida, considero, que pode e vai a traer máis turistas a Mondoñedo, debendo enfocar, eso sí, unha presentación atractiva e accesible dos recursos mindonienses.
Era un inicio, a primeira pedra, para que se sumen os establecementos que ofrecen servizos turísticos e continuar traballando para conseguir atraer visitantes e turistas a nosa localidade, a nosa comarca e a nosa provincia porque, se algo ten este proxecto, é a capacidade de entender os recursos de forma que sume, non compitan e xerar sinérxias entre comarcas, destinos… Por iso tamén me gusta.
Sen ningún triunfalismo, e coa prudencia que merece o análise dun proxecto que nace, sí quero agradecer o traballo feito ata agora, desexarlle éxitos que serán tamén para a nosa localidade, a nosa comarca e a nosa provincia e poñerme absolutamente a súa disposición para colaborar (como levamos feito ata agora).
Parabéns e moita sorte.
Elena Candia.
Presidenta e voceira do PP de Mondoñedo.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



