O XXVI Campionato Galego de Sala, para as categorías Veterano, Sénior e Júnior, e o XV Campionato Galego de Sala para as categorías Ardilla, Alevín, Benxamín, Infantil e Cadete, celebráronse ambos en Pontevedra o 19 de xaneiro.
Os deportistas do club de tiro con arco Iadovi celebraron os resultados obtenidos; xa que Ana María Briones, na categoría Sénior Dama, na modalidade de arco recurvo, finalizaba cuarta tras liderar a proba na primeira serie clasificatoria superando en catro puntos á olímpica Iria Grandal do Club Arco Narón.
Despois do descanso celebrábase a segunda serie clasificatoria e tras unha serie de fallos cometidos na “solta” por Ana Maria, fána retroceder ata situala na terceira posición. Aínda así finalizou as series clasificatorias dous puntos por debaixo do seu récord persoal de 477 puntos conseguido no Barco de Valdeorras. Xa pola tarde comenzaban as series eliminatorias e Ana María enfrontábase á representante do Club Arco Narón, Maria Luísa Fernández. Gañou o primeiro set, pero perdeu os tres restantes; polo que so queda a opción do terceiro posto para poder subir ao podio. Do mesmo xeito, a mariñá perdeu ante Pilar García Bonone, tamén do club ferrolán que se impuxo dende o principio finalizando o set 6-0.
Cadete
Na categoría cadete e modalidade de arco recurvo, Gabriel Galante Briones e Francisco Melo Botelho finalizaban 2º e 5º respectivamente.
Gabriel encabezou as series clasificatorias dende o principio logrando bater novamente o seu record persoal de 553 puntos conseguido fai unha semana no Trofeo del Concello de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), e fixándoo agora nos 562 puntos.
Pola tarde, nas series eliminatorias volvían a verse as caras os mesmos que no Trofeo de As Pontes. Cun contundente 6-0 superou o seu primeiro enfrontamento ante Taylor Murias, do Club Arco Barco de Valdeorras. Na final, contra Daniel Castro Barcala do Club Sílex, sucedéronse os noves e deces de ambos mostrando o seu mellor momento. Empatan os catro primeiros e iníciase un quinto onde Gabriel toma vantaxe coas súas primeiras dúas frechas conseguindo 19 puntos. Daniel non se amedrentou a pesar de atoparse un punto por debaixo de Gabriel. Co fallo do mariñán na solta da súa terceira frecha que se vai ó 7, Daniel aproveita para clavar a saeta no centro da diana. Cun resultado final de 28 a 26 e dous puntos para Daniel, Gabriel proclámase Subcampeón Galego en Sala da categoría Cadete.
O seu vindeiro reto será o campionato de España de Cadetes en Sala que se celebrará o 14 e 15 de febreiro en Cambrils (Tarragona).
Francisco Melo remataba 5º superando tamén a súa anterior marca persoal obtida coma o seu compañeiro de equipo no Trofeo de As Pontes. Agora sitúa o seu novo listón nos 374 puntos.
Alevín
Na categoría Alevín femenino, arco recurvo, Beatriz Melo Botelho gañaba a 3ª praza, tras unha remontaba espectacular. Finalizaba a primeira serie clasificatoria en 5ª posición con 194 puntos. Rralo descanso celebrábase a segunda serie na que se puxo as pilas para finalizar coa segunda mellor puntuación. Obtiña así 427 puntos.
O seu compañero na categoría, Ángel Galante Briones, non tivo o seu mellor día. Aínda que a súa posición de tiro era perfecta, apresurábase demasiado en tirar e as soltas da corda eran violentas, repercutindo no resultado final de 477 puntos por debaixo da súa media. Quedou relegado á 5ª posición.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
