Ribadeo acolle o 1º testing fotográfico da Ría o 1 e 2 de febreiro coincidindo co Día Mundial dos Humidais. O sábado a partir das 12.00 horas a Casa do Mar acollerá a charla ‘A Ría de Ribadeo, un refuxio para as aves migratorias’ a cargo de Xabier Prieto, da Sociedade Galega de Historia Natural e autor do blog ‘Bichos e demais familia’. Ás 15.00 horas, Enrique Sampedro guiará unha ruta pola ría para observar as aves. Tamén se realizará o primeiro testing fotográfico para o que é preciso reservar praza no teléfono 982 128 689. E, o domingo, ás 12.00 horas celebrarase un obradoiro de identificación das especies fotografadas e subiranse as imaxes á plataforma Biodiversidade Virtual na Oficina de Turismo.
I Testing fotográfico na Ría de Ribadeo
I Testing fotográfico na Ría de Ribadeo
Relacionado
-
Con motivo da celebración do Mercado Renacentista, o servizo de recollida de lixo no casco histórico de Viveiro sufre modificacións a partires deste xoves
-
Fin de semana de música e teatro con motivo do segundo aniversario da Taberna Galiana, aproveitando tamen a distinción de Solete Repsol do restaurante
-
Ángela Alcántara Coto, Marcela Pérez-Magdalena Villar, Eduardo Veiga Otero, e Antonio Florín Parlogea, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, recibiron o premio MEGAU 2025