Riotorto, 9 de xaneiro de 2014. A plataforma Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade solicitará aos grupos políticos con representación no Pazo do Hórreo e nas Deputacións Provinciais unha xuntanza para valorar as consecuencias que terá no país a aplicación da Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiamento dos medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación da aportación do usuario e pola cal enfermos con patoloxías graves e/ou crónicas pasarán a pagar polas menciñas dispensadas na farmacia hospitalaria para casos de cancro de mama, ril, tumores cerebrais, leucemia mieloide crónica, tumores malignos resecábeis e/ou metastásicos do estroma gastrointestinal (GIST), artrite reumatoide, dexeneración macular ou hepatite C crónica.
Ante a insistencia do Ministerio de Sanidade porque as comunidades autónomas apliquen de xeito inmediato esta medida, desde Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade insisten “na necesidade de buscar alternativas para evitar as consecuencias que tal medida terá na saúde dos cidadáns, especialmente no noso país, caracterizado por rendas baixas, avellentamento da poboación e dispersión poboacional. Nun país como Galiza castigado por estes factores e altas taxas de desemprego, o copago hospitalario suporá que moitos pacientes se vexan na obriga de deixar tratamentos vitais por non poder pagalos”.
“O copago en Galiza é un dobre castigo; unha dobre multa que está impoñendo o presidente Feijóo, quen opta por penalizar a enfermidade- continúa. Por unha banda, o copago hospitalario rematará co acceso á sanidade pública, un dereito esencial, e por outra incrementará as desigualdades entre o pobo. Ademais, a este copago hospitalario hai que engadir outros como o copago de próteses ou o copago de transporte sanitario que constitúen xa unha traba para acceder ao sistema sanitario en condicións de igualdade”.
Federico Gutiérrez Estoa, membro desta plataforma e alcalde de Riotorto lamenta que Galiza e Aragón sexan as únicas comunidades autónomas que, a día de hoxe, mostran a súa disposición a aplicar de inmediato o decreto que instaura o copago hospitalario. “Esta decisión –argumenta- da mostra da catadura do Goberno galego, cuxo presidente non ten a cabeza en Galiza. O presidente Feijóo está centrado no xogo da carreira sucesoria de Mariano Rajoy e non ten a cabeza posta no país, amosando crueldade e indiferencia cara os verdadeiros problemas dos galegos e galegas.”
Na xuntanza que Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade espera manter coas forzas políticas con representación institucional no Parlamento Galego e nas Deputacións, pediralles que traballen para impugnar o citado decreto e frear a súa entrada en vigor. Estoa conclúe que “non se pode permitir que fomentar a inxustiza se volva norma fundamental dun executivo, como está a acontecer nos gobernos do Estado e galego”.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



