CADERNOS DA VIAXE. O PP ven de promover a redución dos deputados do Parlamento de Galicia dos 75 actuais a 61. O certo è que nas democracias occidentais téndese a que o Dereito electoral sexa materia consensuada e, de feito, moitos Estatutos autonómicos esixen maiorías de dous terzos para reformar as regras do xogo electoral, mais non é o caso de Galicia onde xa o Presidente Fraga limitara a proporcionalidade democrática ao esixir o limiar do 5% de votos para acceder ao Parlamento, no canto do 3% que existía antes do 1993.
O “leit motiv” da reforma disque é o aforro. 14 deputados menos poden ser, canto máis, 3M€ de aforro/ano, moi inferior ao que se acadaría de rebaixar a retribución dos 75 deputados a 3000 €/ano, como propuxeron os galeguistas de CXG en xuño deste ano. E, dende logo, de se tratar de eliminar duplicidades e afinar as nosas Institucións nada semellante ao aforro que acadaríamos de suprimirmos as Deputacións (30 M€/ano só en cargos representativos-108 deputados e 4 Presidentes- e asesores), os Subdelegados e Delegado do Goberno ou os totalmente prescindìbeis-no sùa función actual- senadores.
Ninguèn pode dubidar da legalidade estatutaria da reforma, da sùa presenza no programa electoral popular nin da sua conexión cidadà co falso “mantra” da austeridade. O que esixìa outra axilidade política às tres forzas da oposición parlamentar (PSdeG, BNG e AGE), quer pactando contraprestaciòns, como a rebaixa do limiar de acceso ao Parlamento ao 3 por cento ou unha mellora da proporcionalidade territorial, quer asumindo unha posición unitaria en contra da reforma que fixera ouvir que o seu obxectivo era degradar a representatividade electoral. Velaì como a oposición parlamentar amosou outravolta a sùa incapacidade para xerar un relato alternativo, deixando a iniciativa no centro do campo ao PP de Feijoo.
As regras do xogo electoral serán, pois, menos xustas despois da Semana Santa. E o Dereito electoral galego agardarà pola reforma que lle dea meirande proporcionalidade e representatividade, suprimindo eses inxustos limiares do 5 por cento e garantindo normas democráticas esenciais como as candidaturas abertas, a posibilidade de revogacion a metade dos mandatos ou mesmo a circunscriciòn electoral ùnica.
Xoán Antón Pérez-Lema


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



