Cervo, 22 de xaneiro de 2014-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, desprazouse ata Madrid para solicitar persoalmente a cesión da Casa do Mar e a axilización dos trámites. O rexedor mantivo unha reunión co Director Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, Pablo Saavedra, e co voceiro do Grupo Parlamentario Popular no Senado, José Manuel Barreiro. Foi precisamente Barreiro o que mediou para conseguir esa xuntanza, polo que Villares quixo agradecerlle o seu traballo e implicación coa problemática da Casa do Mar.
Durante o encontro, o primeiro edil explicou a necesidade do Concello de Cervo de dispoñer “canto antes” da Casa do Mar, especialmente “para poder albergar nela un servizo tan importante como é o Punto de Atención á Infancia”, pero tamén en xeral, “para aproveitar o inmoble en beneficio de toda a veciñanza”.
O rexedor lembrou que se trata dun edificio amplo, cunha superficie útil de 1.164 metros cadrados distribuídos en tres andares (soto, planta baixa e planta alta) e ben situado, nas proximidades da praia do Torno e na zona céntrica da vila de San Cibrao. “É un edificio moi versátil, con moitas posibilidades, e sería moi positivo para a poboación poder utilizalo con total liberdade”. Cabe destacar que na actualidade a Casa do Mar ten un certo uso, pero moi limitado xa que a súa propiedade, en mans de Costas, non permite ningunha obra nin modificación.
Villares agarda que o Goberno central, e o director xeral en particular, sexan sensibles a esta petición do Concello, e poidan acelerar todos os trámites precisos para dispoñer do edificio coa máxima urxencia posible.
O Concello ten feito múltiples xestións para conseguir a propiedade da Casa do Mar. Foi no 2008 cando o edificio quedou sen uso e, nese momento, a administración cervense comezou coas primeiras xestións, enviando escritos á Subdelegación do Goberno en Lugo, naqueles momentos en mans socialistas. Durante anos o trámite estivo paralizado nos despachos de Lugo. Pero non foi ata a chegada do goberno do PP no Estado cando as xestións comezaron a dar os seus froitos. No 2012 o rexedor mantivo as primeiras reunións con responsables provinciais, tanto da subdelegación como do ISM e a TXSS. Incluso o director provincial do ISM visitou a Casa do Mar nos primeiros días do seu cargo.
A principios de 2013 o Concello recibira unha comunicación da Tesourería Xeral da Seguridade Social na que propoñía o pagamento dun aluguer para poder utilizar a Casa do Mar, unha medida que a administración local rexeitou por ser “transitoria e non solucionar a situación de forma definitiva implicando ademais un gasto excesivo para as arcas municipais” lembra o rexedor.
Despois de diversos contactos coas diferentes administracións implicadas determinouse que a única solución para conseguir a cesión era solicitar a desafectación da Casa do Mar do dominio público marítimo terrestre. Un asunto que foi levado a pleno, aprobado pola corporación e notificado á Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar.
Lembrar tamén que hai pouco máis dun mes o rexedor e a edil de Educación, Pilar Armada, apoiaron a reivindicación dun grupo de pais e nais que solicitaban a axilización da cesión para poder utilizar a Casa do Mar como sede do PAI.
Polo tanto, “esta é unha petición de toda a veciñanza, que reclama dende hai anos unha mellor utilización e aproveitamento da Casa do Mar e, por suposto, do Concello”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



