A Mariña, 16 de xaneiro de 2014. O BNG denunciou que ten informacións contrastadas que lle fan sospeitar da suspensión indefinida do anunciado proxecto para a posta en funcionamento dun Hospital de día oncolóxico na Hospital da Costa. Segundo aclararon, a pesar de terse proxectado algunhas modificacións no centro hospitalario burelao necesarias para a posta en marcha do servizo, agora poderíase suspender indefinidamente, decisión que atribúen á Xerencia Integrada Provincial ou a instancias superiores do SERGAS.
JOSÉ MANUEL BALSEIRO E OS DIRIXENTES DO PARTIDO POPULAR NA COMARCA DEBEN DAR EXPLICACIÓNS
Os nacionalistas lembran que os dirixentes do PP comarca, encabezados polo parlamentario José Manuel Balseiro, anunciaron por activa e pasiva a posta en funcionamento dun servizo de quimioterapia, atribuíndose os méritos dunha xestión que agora volve ser fume. Por este motivo reclámanlles explicacións e aclaracións sobre esta circunstancia que, de ser certa, sería un novo engano á poboación mariñá e especialmente a aquelas persoas afectadas por esta doenza e ás súas familias que confiaron nas promesas do Partido Popular e do propio SERGAS.
O BNG lembrou que foron os dirixentes populares os que levaron aos concellos iniciativas reclamando este servizo aprobándose maioritariamente e tamén ao Parlamento Galego, aprobándose co apoio do BNG e as abstención de PSOE e AGE. Tamén recordaron que o BNG presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta para 2014, para dotar economicamente a posta en funcionamento dun Hospital de Día Oncolóxico en Burela, e que foi rexeitada polos populares.
O XERENTE DA ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA PROVINCIAL COMPROMETEU A POSTA EN MARCHA DO SERVIZO XA NO 2013 PERO NON HOUBO NINGÚN AVANCE MAIS ALÁ DAS PROMESAS
O BNG lembrou que o Xerente da Estructura de Xestión Integrada Provincial anunciou a posta en marcha dun servizo comarcal de quimioterapia poucos días despois da creación da área provincial e do seu nomeamento e no pasado mes de setembro concretou que o servizo empezaría a funcionar xa no 2013 e García Quintáns anunciou o proxecto de remodelación necesario para poder acollelo no centro hospitalario de Burela, porén a día de hoxe non houbo ningún avance significativo.
Os nacionalistas pregúntanse si Quintáns vai seguir ninguneando á comarca mariñá con promesas que mais ben parecen intentos de acalar críticas polo progresivo retroceso da calidade e cantidade dos servizos sanitarios públicos na nosa comarca. Insisten en que dende a chegada da Xerencia Integrada a comarca perdeu capacidade e competencias ate o punto de non ter ningunha decisión sobre a redución de servizos – perda de facultativos e persoal sanitario en primaria e especializada – pero tampouco para garantir as existencias de menciñas e material de uso común e básico no Hospital e nos centros de saúde comarcais como denunciamos en días pasados.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



