Mondoñedo 16 de xaneiro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo reafírmase nas súas declaracións nas que asegura que a “indiferenza e a falta de traballo” do alcalde, Orlando González, motivaron que unha sentenza obrigue ao nacionalista a expedir a nova licenza solicitada por unha empresa para finalizar as obras na liña de subestación de Mondoñedo a Boimente.
Os populares explican que estas afirmacións se demostran ao ler a sentenza na que se recolle que Orlando González non foi quen de dar resposta á solicitude da empresa (no prazo máximo de tres meses), que pedían unha nova licenza para rematar as obras. Deste xeito, o Xulgado considera probado que a licenza das obras na liña da subestación foi adquirida por silencio administrativo positivo.
A despreocupación do alcalde demostrouse de novo cando asegurou, en resposta a preguntas, non lembrarse do motivo que o levara a non dar contestación á petición de licenza; o que provoca a indignación do PP ante a actitude inadmisible do nacionalista.
Orlando González, non presenta argumentos
Dende o PP explican que o seu partido non está a terxiversar, só transmite o contido dunha sentenza que dá conta da imprudente actuación do alcalde. Os populares lembran que na demanda non se contempla un só argumento que incida no feito de que a solicitude de licenza fose contraria á legalidade urbanística.
O PP explica que o Xulgado aclara, contra a tese do nacionalista, que correspondería ao Concello e non á empresa, probar que a licenza solicitada resulta contraria á legalidade urbanística. Deste xeito, a pouca involucración de Orlando González provocou que a administración non fose quen de argumentar esta circunstancia.
Estes feitos sorprenden aínda máis, dado que esta falta de traballo prodúcese en setembro do 2007, xusto cando acababa de perder as eleccións pero mediante un pacto co PSOE accede ao goberno.
O PP require explicacións ao Sr. Alcalde
O PP considera que o alcalde debería dar explicacións ao respecto, dado que estamos a falar dun tema de gran importancia para a localidade ao tempo que demandan que actúe con eficiencia a partir de agora tendo en conta que a sentenza non é firme.
Os populares denuncian que a apatía por parte do rexedor nacionalista repercuta negativamente nos veciños e inclusive, con posibilidade, nas arcas municipais, xa que ao non haber expresa condena en costas para ningunha das partes, cada quen pagará a súa defensa, o que leva ao PP a preguntarse polo custo que suporía para o municipio.





















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



