A Mariña, 24 de xaneiro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego na Mariña emprenderá unha campaña contraria á suba das cotizacións para as persoas autónomas e pequenas empresas, ao considerar que “a súa situación económica xa é, de por si, crítica; principalmente pola dificultade para obter crédito e se, por riba, o goberno central aproba medidas, como vén de facer, que supoñen incrementar os seus custos fixos, a supervivencia deste sector faise cada día máis difícil.”
Por iso, desde o BNG instarán a todas as corporacións municipais, por medio da presentación de mocións nos distintos plenos, a que soliciten do goberno central a marcha atrás na suba das cotizacións para este colectivo e que se aposte por unha reforma fiscal realmente progresiva. Desde a formación frontista consideran que “a día de hoxe as persoas autónomas e as pequenas empresas son as que están amortiguando o desemprego ao atopar moitas das persoas desempregadas no autoemprego a súa única saída e co mantemento de numerosos postos de traballo que dependen da superviviencia dos pequenos negocios.”
Para o BNG na Mariña “estas últimas medidas do goberno central ao único que contribúen é ao estrangulamento económico das persoas autónomas e emprendedoras, mentres ese mesmo goberno non cesa no apoio a bancos (que seguen sen dar acceso ao crédito) e ás grandes empresas.”
Segundo indican os nacionalistas “estas medidas teñen unha importancia vital na nosa comarca, xa moi golpeada polo peche de empresas e o estrangulamento de determinados sectores, claves para que poida existir consumo e manter a liquidez de persoas autónomas e pequenas empresas.”
Neste sentido, a formación nacionalista convocou ao sector e ás asociacións que o representan a unha xuntanza para o vindeiro mércores, 29 de xaneiro, ás 21 horas no hotel Nordés, en Burela. Nesta xuntanza, analizarán o estado do sector na comarca co fin de obter unha diagnose e emprender as accións enfocadas a defender os seus intereses que, consideran, son o interese do conxunto da comarca.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



