A Mariña, 20 de xaneiro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego na Mariña considera un insulto á cidadanía da comarca que o deputado popular José Manuel Balseiro faga esta fin de semana un anuncio completamente absurdo para intentar vender unha xestión que non existe e evitar dar explicacións sobre a realidade sanitaria comarcal.
“Despois das informacións aparecidas nos últimos días sobre a situación do Hospital da Costa e os centros de saúde da Mariña nas que se denunciou o desabastecemento de menciñas e material sanitario básico, a posibilidade de que o anuncio estrela do propio Balseiro, o hospital oncolóxico de día, quede nun anuncio inconcluso, ou a prohibición de prestar consultas polas tardes no Hospital; que o deputado do Partido Popular saia anunciando unha pregunta no Parlamento polo funcionamento dun servizo que está a prestarse no Hospital, demostra que este señor pensa que a cidadanía da Mariña é parva e que as mariñás e mariñaos comulgamos con rodas de muíño”, afirman desde o BNG.
O Partido Popular ten que dar a cara e explicar cal é a situación real da sanidade na comarca e como a estrutura de xestión integrada provincial, o seu modelo, está a facer que A Mariña estea sufrindo un continuo proceso de degradación da sanidade pública.
“Desde o BNG non imos permitir que o Partido Popular, ou que José Manuel Balseiro, se poña de perfil e evite pronunciarse sobre os temas máis relevantes da sanidade na comarca. Que explique este señor se ten garantido que o servizo de quimioterapia se vai prestar no Hospital da Costa, como anunciou repetidamente durante meses o ano pasado. Que explique se o desabastecemento de menciñas e materiais é o que lle agarda á sanidade na Mariña. Ou que explique se as consultas de tarde suspendidas no Hospital da costa, forman parte, no conxunto, das melloras prometidas polo Partido Popular para achegar a sanidade aos doentes, ou como moitas e moitos comprobamos e sufrimos, contribúen a engrosar as derivacións ao HULA e ás clínicas privadas.



















Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



